InicioM.ambiente e PatrimonioCervo inicia unha campaña en redes para concienciar sobre ecoloxía

Cervo inicia unha campaña en redes para concienciar sobre ecoloxía

O Concello publicará varios microvídeos e impulsará unha xornada educativa no instituto co gallo do Día Mundial da Educación Ambiental

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo difundirá varios microvídeos nas redes sociais co gallo do Día Mundial da Educación Ambiental e co obxectivo de fomentar as boas prácticas entre a veciñanza.

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, e a edil de medio ambiente, Mali Méndez, presentaron a iniciativa este venres na contorna da fervenza de Sargadelos.

As pezas audiovisuais comezaranse a difundir este martes no twitter e no facebook do Concello, de tal xeito que se publicará un vídeo cada día ata o sábado 26 de xaneiro, data na que se celebra a efeméride.

Os espazos estarán protagonizados por diferentes temáticas relacionadas co respecto ambiental. A compostaxe doméstica, a reforestación con árbores autóctonas ou a importancia de economizar e preservar os recursos naturais, como a auga.

Ademais, nas publicacións tamén se poñen en valor os diferentes espazos naturais e rutas do municipio, como o Sendeiro Azul do Torno, a ruta das Canteiras, o paseo dos Namorados de Sargadelos ou a ruta ornitolóxica da Ribeira de Lieiro, entre outras.

ACTIVIDADE NO BACHARELATO

A clausura da Semana da Educación Ambiental terá lugar o vindeiro luns, 28 de xaneiro, cando está programada unha actividade didáctica e interactiva coa colaboración de Sogama, dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Marqués de Sargadelos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...