InicioM.ambiente e PatrimonioComeza o plan de control das visitas ás Catedrais con máis de...

Comeza o plan de control das visitas ás Catedrais con máis de 9.500 reservas realizadas

Tres guías, tres vixías do aparcadoiro e un axente medioambiental traballarán do 12 ao 22 de abril no areal, onde se colocaron 30 carteis de aviso, algúns deles sobre as propia rochas

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Xunta de Galicia activou este venres o plan especial para regular as visitas e garantir a seguridade no monumento natural Praia das Catedrais, que estará o operativo entre os días 12 e 22 de abril, con motivo da celebración da Semana Santa.

A directora xeral do Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Belén do Campo, visitou na mañá deste venres a praia para supervisar a posta en marcha deste plan especial, así como a cartelería colocada pola Administración autonómica nas Catedrais para alertar aos visitantes de posibles perigos. Na pasada Semana Santa, unha moza pucelana morreu ao recibir o impacto dunha rocha desprendida na cabeza.

En declaracións a Efe, a directora xeral precisou que este plan especial estará operativo entre os días 12 e 22 de abril, unhas datas nas que o areal recibirá a miles de visitantes, dado, que xa se formalizaron máis de 9.500 reservas para coñecer o monumento natural. O tope fixado é de 4.812 persoas ao día.

SETE PROFESIONAIS

Grazas a este plan especial, tres guías traballarán durante oito horas ao día na praia, ao igual que dous educadores medioambientais, que se ocuparán das visitas guiadas en grupos de 25 persoas.

Tamén traballarán en As Catedrais tres operarios que se ocuparán de manter a orde nas zonas de aparcamento, así como un axente medioambiental, que vixiará para que os visitantes cumpran as normas de seguridade na praia, que é o segundo monumento “máis visitado de Galicia, despois da Catedral de Santiago”, lembrou do Campo.

POLÉMICA POLA CARTELERÍA

A directora xeral tamén aproveitou a visita para supervisar a colocación da cartelería, a fin de advertir aos visitantes os riscos que poden atoparse no seu percorrido pola cala, dado que finalmente os carteis “foron colocados pola Xunta de Galicia”, en resposta ao informe xeotécnico que advertía do perigo de posibles desprendementos e despois de que o Ministerio se negase a “asumir esa responsabilidade”, segundo denunciou do Campo.

En total, a Xunta de Galicia colocou 32 carteis no areal, dez deles nos cantís -para advertir do risco de caídas-, outros 19 na parte de arriba dos arcos -por posibles desprendementos- e tres máis nas zonas de paso e accesos para lembrar as normas que se deben respectar no areal.

Ademais da discusión entre Goberno e Xunta pola responsabilidade de sinalizar os perigos, os carteis de aviso de riscos tamén desataron controversia polo feito de que os operarios da Xunta os anclaron nas propias rochas, o que foi considerado un “atentado paisaxístico” pola Sociedade Galega de Historia Natural.

O VENRES SANTO, SEN PRAZAS

Do Campo tamén confirmou que para o Venres Santo xa están completas as prazas para as visitas guiadas.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...