InicioM.ambiente e PatrimonioA investigación do galeón afundido en Ribadeo retomarase en xuño

A investigación do galeón afundido en Ribadeo retomarase en xuño

O equipo de arqueólogos internacionais que o ano pasado realizou a primeira cata científica do buque de guerra Santiago de Galicia sumerxerase de novo para completar o seu estudo

Publicada o

- Advertisement -

O galeón afundido na ría de Ribadeo, identificado como o buque de guerra Santiago de Galicia que embarrancou en Mirasol en 1597, volverá ser intervido este verán.

Despois da primeira cata científica realizada en xuño pasado, un equipo internacional liderado polo arqueólogo Miguel San Claudio sumerxerase de novo para continuar o estudo do pecio. Segundo a Asociación de Amigos do Galeón de Ribadeo, a investigación retomarase do 1 ao 21 de xuño.

Na excavación do ano pasado, os expertos sinalaron que o buque ofrece a oportunidade de profundar no coñecemento da construción naval ibérica no século XVI, cando o continente europeo baseou o seu dominio do planeta no mar e na calidade dos seus navíos. As análises químicas dos restos do galeón, fabricado en Nápoles, constataron que foi construído con carballo do noroeste peninsular.

CONGRESO INTERNACIONAL

Miguel San Claudio participa desde este martes no Congreso Internacional “La Armada de 1588 y la Contra Armada inglesa de 1589”, que se está a celebrar en Cartagena e que reúne historiadores e arquélogos internacionais para analizar o conflito que mantiveron España e Inglaterra polo control das rutas marítimas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...