InicioM.ambiente e PatrimonioA mancomunidade organiza xornadas de portas abertas para coñecer a artesanía da...

A mancomunidade organiza xornadas de portas abertas para coñecer a artesanía da Mariña

Durante o mes de xuño haberá visitas guiadas a artesáns de Cervo, Viveiro, A Pontenova, Mondoñedo e Burela

Publicada o

- Advertisement -

Con motivo da edición da nova guía sobre as Rutas de Artesanía que a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense presentará o vindeiro venres no Cenima, organízanse unhas xornadas de portas abertas que comezan o próximo domingo, 16 de xuño.

A primeira cita será en Cervo e nas seguintes fins de semana de xuño continuarán en Mondoñedo, A Pontenova, Viveiro e Burela. O colectivo de municipios mariñao realiza estas actividades no marco do convenio firmado coa Axencia de Turismo de Galicia.

No novo material informativo, que estará dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca a partir do día da presentación, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa.

Así, os visitantes poderán realizar as Rutas de Artesanía de forma autónoma guiándose pola recomendacións facilitadas na nova guía ou solicitar o servizo con guía a algunha axencia, como é o caso de Mariña Activa, que se encargou da man da Mancomunidade do desenvolvemento desta nova proposta.

DE BALDE

As Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense teñen por finalidade dar a coñecer con actividades gratuítas para o público xeral esta iniciativa na que a Mancomunidade leva traballando dende hai meses. As actividades serán gratuítas e incluirán a visita a un ou dous obradoiros e unha actividade complementaria.

A iniciativa, que busca ofrecer un motivo interesante polo que desprazarse ao territorio antes da tempada alta, está dirixida tanto a locais que desexen coñecer mais sobre os recursos da zona como a visitantes que queiran vivir unha xornada diferente da man dos artesáns da Mariña Lucense.

HORARIOS

Este domingo, 16 de xuño, dará comezo o programa cunha visita ao asteleiro (10.30 horas) de carpintería de ribeira – recentemenente declarada BIC e ao Museo do Mar (12.00 horas).

O 22 será a quenda de Mondoñedo co alfar (10.30 horas) unha visita guiada ao centro histórico da cidade (12.00) e ao canteiro pola tarde (17.00 horas).

O domingo 23 tocaralle á Pontenova coa visita ao taller dun ferreiro (10.30 horas), á antiga estación de tren, que hoxe en día acolle a Aula de Interpretación da Pesca, e ao fornos de Vilaoudriz (12.00 horas).

O sábado 29 seguirán estas xornadas de portas abertas en Viveiro coa visita a dous ceramistasRegal Cerámica (10.30 horas) e Miriam (17.00)- e un percorrido guiado polo centro histórico.

Viveiro precederá a Burela, que cerrará as xornadas o 30 de xuño cunha visita ás redeiras (10.30) e ao barco museo boniteiro Reina del Carmen (12.00 horas).

INSCRICIÓN

Para participar é preciso reservar en turismo@amarinalucense.gal ou no teléfono 654.089.894. O aforo máximo é de 15 persoas por xornada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...