InicioM.ambiente e PatrimonioAprendices de científicos: o Cemma convida a participar nas saídas para estudar...

Aprendices de científicos: o Cemma convida a participar nas saídas para estudar os cetáceos na Mariña

Este luns realizouse o primeiro embarque participativo pola costa de Foz, onde os tripulantes avistaron tres mandas de golfiño común

Publicada o

- Advertisement -

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) realizou este luns en Foz un embarque participativo, unha iniciativa coa que pretende involucrar á cidadanía no estudo sobre cetáceos que veñen facendo desde 1992.

Guiados polas indicacións dos investigadores do CEMMA, os tripulantes colaboran no traballo de monitorización que os expertos fan habitualmente desde as embarcacións para recabar datos sobre a presenza e comportamento dos mamíferos mariños na costa galega.

A saída, a primeira que realizan no litoral da Mariña Lucense, rematou coa documentación “de tres mandas de golfiños comúns, uns dez ou doce exemplares”, unha das especies vintedúas especies de cetáceos que teñen catalogadas en Galicia.

Golfiños comúns, arroaces e toniñas son as especies máis documentadas polo Cemma na costa DE LUGO

“Non garantimos avistamentos en cada viaxe. Precisamente, o principal obxectivo é recoller información sobre como se distribúen e moven ao longo da costa as distintas especies polo que mesmo non divisar ningunha é un resultado desde o punto de vista científico. Un dos factores que maís inflúe sobre a observación é o estado do mar”, explica o biólogo do CEMMA Pablo Covelo.

“Procuramos saír con vento menor de dez nós e mar de fondo con onda menor a un metro, que son condicións aptas para todos os públicos e as mellores para a observación“, detallan desde a oenegué.

AS TONIÑAS, EN EXTINCIÓN

Ademais do golfiños comúns, os mamíferos máis documentados no litoral mariñao son os arroaces e as toniñas, “especies que teñen a consideración de vulnerables“, apunta o investigador.

Máis preocupante é a situación da toniña presente en augas galegas, portuguesas en mauritanas, unha subespecie “para a que se tramita a declaración de especie en perigo de extinción“.

“Son as máis grandes do mundo. Mentras que as toniñas catalogadas no Norte de Europa miden entre 1,5 e 1,8 metros de lonxitude, as avistadas en Galicia superan os dous metros”, describe. No pasado mes de setembro, o CEMMA informou de que se avistaran estes cetáceos na ría de Ribadeo.

A Coordinadora realizou en 2015 un estudo –Phocoeval– que alertou sobre o nivel de conservación desta poboación única e diferente á do resto do Hemisferio Norte, afectada, entre outras causas, pola captura accidental en artes de pesca.

FONTE DE FINANCIAMENTO

As saídas participativas financianse coas achegas dos participantes -60 euros no caso das realizadas desde Foz-, o que permite a onegué continuar coa súa labor ante a falta de orzamento propio para sufragalas. Tras esta primeira experiencia, o vindeiro 1 de agosto teñen unha nova saída.

O Cemma organiza estas viaxes desde distintos puntos do litoral galego -Fisterra, Vigo, Portonovo, O Grove e Baiona -desde o pasado mes de maio, e ata setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...