EFE. Unha balea apareceu morta nunha cala próxima á praia de Limosa, en Cervo, na localidade de San Cibrao.
Segundo a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), podería tratarse do mesmo exemplar, un baleato de rorcual alibranco, que foi visto a semana pasada por bañistas, socorristas e persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) en augas da praia do Torno, na mesma localidade.

O feito de que o animal leva varios días morto podería reforzar esa hipótese, aínda que tampouco se pode asegurar con total certeza, indicaron á prensa.
REMOLCADA A PORTO
O cadáver do animal foi retirado por efectivos do GES de Cervo, cuxos efectivos foron os encargados remolcalo até ao porto de San Cibrao con axuda dunha moto de auga.