InicioM.ambiente e PatrimonioMariña Patrimonio pregunta á Xunta por que detivo o control arqueolóxico na...

Mariña Patrimonio pregunta á Xunta por que detivo o control arqueolóxico na sauna castrexa da Atalaia

O colectivo sostén que esta decisión suporá que o xacemento se tape sen "facer os estudos que requiría o achado"

Publicada o

- Advertisement -

Mariña Patrimonio pide á Consellería de Cultura e Turismo que explique porque ordenou deter a intervención arqueolóxica arredor da sauna castrexa descuberta na Atalaia de San Cibrao.

O colectivo sostén que esta decisión suporá que o xacemento se tape sen que “facer os estudos que requiría o achado”, que califican como un “dos máis importantes dos últimos anos en Galicia“.

A intervención arqueolóxica que se realizou foi simplemente un control arqueolóxico. Non houbo, por tanto, nin escavación nin estudo arqueolóxico“, sostén a asociación, que xa en 2008 advertira publicamente da presenza desta estrutura soterrada.

REINICIO DAS OBRAS DE SANEAMENTO

“Está claro que se non se aproveita este momento para escavala e estudala, tampouco se vai facer unha vez rematada a nova rúa”, lamenta a entidade despois de que, a pasada semana, o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, confirmase o reinicio cas obras de saneamento que puxeron ao descuberto a sauna, a sexta documentada en Galicia.

CARACTERÍSTICAS

A intervención realizada polo arqueólogo Emilio Ramil (Axa Arqueoloxía), encargado de supervisar os traballos, permitiu documentar catro estancias, con algunhas paredes de ata tres metros de altura –cando o habitual é que non se manteñan en pé máis de 40 ou 50 centímetros- que se conservan desde o solo ata o tellado.

Atopouse unha antesala cun banco corrido, un tanque ou piscina de auga e un forno adosado, onde se quentaban os cantos rodados que se botaban na auga para aumentar a temperatura e provocar a suor dos usuarios.

O propio Ramil considera “parcial e insuficiente” a intervención no xacemento que destaca tamén o seu inusual estado de conservación grazas a ficar durante séculos cuberto de area.

QUEIXAS DOS VECIÑOS

O achado atópase cinguido polas casas do Porto de Arriba. Varios dos residentes do barrio queixáronse das molestias que lles supuxo a cata, dado que motivou o peche provisional dos accesos ás vivendas e a interrupción das obras de mellora nos sumidoiros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...