InicioM.ambiente e PatrimonioO PSOE acusa á Xunta de "botar balóns fóra" sobre a seguridade...

O PSOE acusa á Xunta de “botar balóns fóra” sobre a seguridade nas Catedrais

A secretaria do partido socialista en Lugo, Patricia Otero, insta a Balseiro a abandonar a "confrontación" co Executivo central e "asumir as súas propias responsabiliades"

Publicada o

- Advertisement -

A secretaria provincial do PSdeG-PSOE e deputada autonómica, Patricia Otero, acusou ao delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, de “botar balóns fóra cos problemas dos lucenses”, en referencia ás declaracións do dirixente do Goberno autonómico sobre a seguridade na praia das Catedrais.

Despois de que a pasada semana se producise un novo desprendemento de laxas no areal sen que houbese que lamentar feridos, Balseiro negou calquera tipo de responsabilidade da Xunta en materia de seguridade no monumento natural.

Otero afirma que “o único proxecto político da axenda de Balseiro é a confrontación co Goberno de Pedro Sánchez, eximindo as súas propias responsabilidades, cando a Administración Autonómica é a responsable de xestionar as entradas neste enclave”, sinalou.

CRÍTICAS A FEIJÓO

Así, a responsable dos socialistas lucenses afeoulle ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que “o único que serve o cargo de delegado territorial da Xunta é para botar balóns fora dos problemas dos veciños da provincia”, dixo. “Traballen para impulsar iniciativas e propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida de todos os lucenses e asuman as súas responsabilidades políticas”, esixiu.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...