IniciosociedadeA Xunta elude “responsabilidade” sobre a EDAR de San Miguel e insta...

A Xunta elude “responsabilidade” sobre a EDAR de San Miguel e insta ao Concello a presentar un proxecto

Tras pedir Barreiros axuda financieira para unha nova depuradora, que requeriría de 3,3 millóns, o Executivo autonómico lembra que o saneamento "é competencia exclusiva municipal"

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia asegurou que a construción dunha estación depuradora de augas residuais (EDAR) en San Miguel de Reinante non é “competencia” súa, senón “exclusivamente municipal”, e instou ao Concello de Barreiros a “presentar un proxecto” para afrontar o problema de depuración das augas residuais.

A alcaldesa de Barreiros, a nacionalista Ana Ermida, solicitou o pasado xoves unha xuntanza cos responsables de diversas áreas dao Executivo autonómico para pedirlles “implicación” na obra, dado que desde hai anos sucédense as verteduras non só sobre a praia de Arealonga, senón tamén sobre As Catedrais e zonas da Rede Natura.

A rexedora cifrou o custo das actuacións, que beneficiarían ás parroquias de San Miguel de Reinante e Santiago de Reinante, ademais de “acabar cun problema de impacto medioambiental, de saúde e turístico”, en 3,3 millóns de euros, polo que ve “imposible” que o Concello poida afrontar ese orzamento “sen a colaboración doutras administracións”.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, lembrou que a materia de saneamento “é unha competencia exclusiva municipal, de conformidade co artigo 25 da Lei de Bases do Réxime Local”.

Así, Balseiro sostén que “non parece comprensible que desde o goberno local tenten depositar na Xunta a responsabilidade de soster ou mellorar un servizo municipal”. Deste xeito, insta ao executivo barreirense a “non fuxir das súas competencias nin confundir á cidadanía”.

NON PECHA AS PORTAS A “COLABORAR”

Con todo, o responsable do Goberno autonómico en Lugo asegura que non pecha as portas “a seguir colaborando neste ámbito desde o punto de vista técnico ou económico”, pero para iso “é necesario concretar un proxecto de mellora que está por definir por parte do Concello”.

AS “OBRAS HIDRÁULICAS”, DE INFRAESTRUTURAS

O Executivo galego urxe ao Concello a “liderar a solución” e poñer sobre a mesa “un proxecto concreto” para a construción da nova depuradora, pois, argumenta, o “papel do goberno local non pode limitarse a enviar varias cartas a distintas consellerías co obxecto de obter financiamento, un paso que carece de sentido se temos en conta que só o departamento de Infraestruturas e Mobilidade apoia obras hidráulicas”. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...