InicioM.ambiente e PatrimonioBarreiros recomenda non bañarse na praia de Arealonga

Barreiros recomenda non bañarse na praia de Arealonga

O Concello explicou que os problemas de saneamento están detrás da contaminación da auga e insistiu en reclamar a colaboración da Xunta para construír unha nova depuradora en San Miguel

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros recomenda non bañarse na praia de Arealonga tras detectarse contaminación microbiolóxica na auga.

O consistorio dispuxo carteis informativos para advertir da situación aos usuarios despois de recibir este venres unha comunicación do Sergas que daba conta dun índice de enterococos intestinais (escherichia coli) por riba do aconsellable.  A situación manterase á espera dunha nova analítica da auga a vindeira semana.

O goberno municipal explicou que os problemas de saneamento das parroquias de San Miguel e Reinante están na orixe das verteduras ao areal.

“Por esta razón, entre outras, é urxente acometer as obras necesarias para a construción dunha nova depuradora en San Miguel”, argumentou a alcaldesa Ana Ermida, que este mércores lle reclamaba á Xunta implicación para levar a cabo o proxecto, valorado en 3,3 millóns de euros por Augas de Galicia.

RESPOSTA Á XUNTA

A nacionalista tamén respondeu ás declaracións do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, que este venres eludía a responsabilidade e indicaba que o saneamento é “competencia exclusiva dos Concellos”.

“A administración autonómica ten asumido noutros lugares obras similares e, mesmo en Barreiros, existiu hai un tempo un compromiso para aportar unha importante suma de diñeiro a un convenio para a mellora e ampliación das infraestruturas de saneamento entre as que se atopaba esta mesma depuradora”, indicou Ermida.

A rexedora manifestou “a disposición do Concello a buscar a colaboración entre administracións en beneficio das veciñas e veciños e fuxir de sectarismos que, concluíu, “non levan a solución algunha”.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...