InicioM.ambiente e PatrimonioO Principado reabre a zona de produción da ría de Ribadeo para...

O Principado reabre a zona de produción da ría de Ribadeo para todas as especies

O Goberno asturiano decretara o pasado 26 de setembro, un día despois da vertedura de xurro que afectou ao Eo, o peche cautelar da zona de captura de moluscos do estuario

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Castropol anunciou no mediodía deste xoves a reapertura da zona de produción da ría de Ribadeo para todas as especies explotables.

A Dirección Xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias decretou o pasado luns, día 26, o peche cautelar da zona de captura de moluscos do estuario.

O Goberno asturiano tomara esta decisión despois de que o pasado domingo se producise unha vertedura de xurro ao rego Ouria, afluente do río Eo, procedente da foxa séptica dunha gandería da localidade de Guiar, na Veiga.

A balsa está situada a uns 250 metros da canle do rego Ouria, o que fixo que unha parte da vertedura que saíu do depósito se filtrase ao terreo existente entre a explotación gandeira e a canle fluvial.

A cantidade de residuo contaminante oscila segundo a fonte, xa que a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC) falou de 400.000 litros de purín, mentres que as pescudas do Servizo de Protección da Natureza (Seprona), dependente da Garda Civil, cuantificou 580.000 litros que saíron da balsa.

AS CONDICIÓNS SANITARIAS “NON SE VIRON AFECTADAS”

Segundo expón o Goberno asturiano nun comunicado, decide a reapertura “tras verificar que as condicións sanitarias das que goza a zona non se viron afectadas pola vertedura”.

O Principado explica que decretou o peche cautelar da zona “mentres o laboratorio de Saúde Pública realizaba as análises” correspondentes, unhas probas que “ratifican que se mantiveron os niveis previos de produción de bivalvos da ría”.

RIBADEO E TRABADA RECOMENDAN NON BAÑARSE

Ao afectar ao treito final do Eo, a vertedura tamén puxo en alerta aos Concellos de Ribadeo e Trabada, que desaconsellaron as actividades recreativas e o baño tanto no río como nas praias da ría, recomendacións que por agora se manteñen.

TOMA DE MOSTRAS

Segundo expón Efe, a CHC estableceu cinco puntos de toma de sondaxes, dúas no río Ouría e tres no río Eo, e comezou a tomar mostras diariamente para determinar o contido en materia orgánica, nutrientes e parámetros microbiolóxicos.

Ademais, a CHC instalou tres barreiras de contención na canle do río Ouría á altura da súa confluencia co río Eo conformadas por mallas de xeotextil e coco para darlles rixidez e consistencia e que, segundo argumenta, “resultaron eficaces” para a “retención de parte dos flotantes e sólidos de suspensión”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...