Ribadeo pedirá a declaración de Ben de Interese Cultural para o galeón

O Concello iniciará no pleno do vindeiro martes a tramitación da figura de protección para o pecio afundido na ría en 1597

Buzo quita fotos do galeón Santiago, afundido en Ribadeo. FOR SEA DISCOVERY

Ribadeo iniciará no pleno do vindeiro martes a tramitación para que o galeón afundido na ría, o San Giacomo de Galizia, sexa declarado Ben de Interese Cultural (Bic).

O buque, que pertenceu á flota de Felipe II e que embarrancou en novembro do 1597, localizouse en 2011 durante un dragado na ría. En xuño de 2018, un equipo especialistas dirixido polo arqueólogo Miguel San Claudio, comezou a excavación do pecio.

Malia estar considerado o buque de guerra español do século XVI mellor preservado do mundo, os investigadores concluíron que se require un seguimento do estado do barco que evite que o xacemento se siga deteriorando.

A declaración como Bic, que se solicita ante a Dirección Xeral de Patrimonio, comprometería á administración autonómica coa conservación do pecio. Neste senso, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, subliñou que “isto non vai contra ninguén, só pretende protexer, valorar e difundir o patrimonio mergullado na ría”.

O prazo para obter a declaración varía en función do tempo que requira a elaboración do expediente. Tras a súa presentación, a Xunta de Galicia dispón de seis meses para ditar unha resolución positiva. O silencio administrativo enténdese en sentido negativo.

PLAN DE IGUALDADE E CONTA XERAL

Outra das propostas sobre a mesa no vindeiro pleno ordinario será o Plan de Igualdade para o período 2019-2022,  o terceiro consecutivo, que se someterá á aprobación da corporación municipal.

A alcaldía tamén presentará a Conta Xeral de 2018, que debe remitirse ao Tribunal de Contas e que, segundo adiantou o rexedor

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here