IniciosociedadeLuz verde de Goberno e Xunta ao cambio da normativa para incorporar...

Luz verde de Goberno e Xunta ao cambio da normativa para incorporar o terreo contiguo ao Museo do Mar

O Concello de Cervo aprobará inicialmente, no pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves, o uso dotacional de 2.568 metros cadrados para ampliar a dotación cultural

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo aprobará inicialmente, no pleno ordinario que se celebrará o vindeiro xoves, ás 20.00 horas, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para poder ampliar o Museo do Mar de San Cibrao, logo de recibir os informes favorables dos organismos estatais e autonómicos pertinentes -Ministerio de Fomento, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e Servizo Provincial de Costas-.

O ámbito proposto para levar a cabo a ampliación abrangue, ademais do edificio existente, unha edificación privada empregada antigamente como vivenda.

Nestes terreos que se propoñen para o aumento do Museo establécese a ordenanza residencial mixta -espazo destinado xeralmente á vivenda e usos complementarios; mentres que no Museo establécese a ordenanza dotacional -propia de espazos en ordenación aberta, destinados a usos dotacionais ou servizos de interese público tales como escolar, deportivo, recreativo, relixioso, sanitario ou asistencia-.

Este cambio nas condicións urbanísticas permitirá pois o uso dotacional da superficie total que é de 2.568 metros cadrados.

DOUS MESES DE EXPOSICIÓN PÚBLICA

A partir da aprobación inicial ábrese un período de información pública durante dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello e no Diario Oficial de Galicia (DOG), e suspéndese o outorgamento de licencias no ámbito do territorio obxecto da modificación durante o tempo no que se prolongue o proceso.

A AMPLIACIÓN, “OBXECTIVO” MUNICIPAL

O alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares, sinala que “un dos obxectivos que temos proxectados desde este equipo de goberno, incorporar o terreo contiguo para mellorar a calidade e a funcionalidade desta dotación cultural tan importante”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...