InicioM.ambiente e PatrimonioRibadeo busca a 113 propietarios que incumpren a lei de incendios

Ribadeo busca a 113 propietarios que incumpren a lei de incendios

O Concello publicou a través do BOE e do DOG as parcelas con donos sen identificar

Publicada o

- Advertisement -

O Boletín Oficial do Estado (BOE) e o Diario Oficial de Galicia (DOG) publican este mércores a listaxe das 113 parcelas con dono sen identificar que están a incumprir a lei de incendios de Galicia no municipio de Ribadeo. O goberno local tenta deste xeito atopar aos propietarios destes terreos, que non manteñen as faixas de protección que estipula a normativa, de alomenos 50 metros entre as especies pirófitaseucalipto, piñeiro, acacia– e as vivendas.

15 DÍAS DE PRAZO

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, sinala que os titulares desas propiedades “dispoñen de 15 días naturais para cumprir cos requisitos que establece a lei”. O rexedor lembra que, se os propietarios non teñen as súas parcelas acorde coa normativa, o Concello “executará a limpeza das mesmas de forma subsidiaria”, con cargo aos donos, que ademais deberán custear o investido no helicóptero utilizado para revisar os terreos.

o goberno local advirte aos titulares que teñen 15 días naturais para limpar os montes

O goberno local enviou a principios do pasado mes de agosto os requerimentos aos propietarios das 405 parcelas do municipio que non están ao día coa lei de incendios. En 113 casos, indica o rexedor, “os datos rexistrados no Catastro non están actualizados ou figuran a nome de persoas que xa están falecidas ou a nome de herdeiros, e con estes datos o servizo de Correos non entrega as cartas. Iso non é culpa nosa, de xeito que facemos o que procede en dereito administrativo, a notificación a través do BOE e do DOG”.

“HAI MOVEMENTO”

O Concello si identificou aos donos de 292 terreos. O rexedor explica que, desde a chegada dos requerimentos, “hai moita xente que nestes días está a cumprir. Algúns fan alegacións indicando que xa teñen vendida a madeira, pero que o madeirista aínda non lles puido ir cortar ou que lles está cortando. Hai movemento e iso é positivo para todos”, subliña.

o alcalde sinala que desde o envío dos requerimentos “houbo moita xente que cumpriu”

Suárez Barcia reitera a súa petición de que a veciñanza cumpra “coas súas obrigas, porque se non habémolo facer desde o Concello como unha vía subsidiaria. Non queremos chegar a iso pero queremos dicirllo outra vez a todo o mundo para que non haxa ningún problema, e ademais por respecto a todos aqueles propietarios que si cumpriron e están cumprindo”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...