InicioM.ambiente e PatrimonioBarreiros propón un sistema de humidais artificiais como alternativa á nova depuradora...

Barreiros propón un sistema de humidais artificiais como alternativa á nova depuradora en San Miguel

O Concello presentou a Augas de Galicia unha memoria con este proxecto, que suporía un gasto de 900.000 euros, fronte aos 3,8 millóns que custaría construír a instalación

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, a nacionalista Ana Ermida, e o concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, mantiveron este venres unha reunión con representantes de Augas de Galicia para presentarlle á directora xeral do organismo unha proposta de depuración alternativa para as depuradoras de San Miguel e Reinante.

Ratoeira explicou que na reunión coa directora xeral presentaron “unha alternativa de depuración mediante humidais artificiais aireados que, ademais de ser máis sostible, é máis económica tanta a súa posta en marcha como o seu mantemento”. Neste sentido, desde o goberno local barreirense estiman que o custo ascendería a entre 900.000 euros e un millón, mentres que o proxecto barallado nun principio ascendía a arredor de 3,8 millóns de euros.

O goberno municipal barreirense deu a coñecer a idea que se lles presentou e entregou unha memoria a efectos de que o organismo competente, Augas de Galicia, “dea o visto bo e valore tecnicamente a adecuación do mesmo ás necesidades de Barreiros, para asegurar que se se pon en marcha vai ser con éxito”, indica Ratoeira.

OS PROBLEMAS DE DEPURACIÓN CREAN PROBLEMAS AMBIENTAIS E DE SAÚDE PÚBLICA

A alcaldesa explicou que o goberno municipal leva “un ano traballando” en solucionar os problemas de depuración existentes no concello, xa que ademais do custo económico que supoñen, crean graves problemas ambientais e de saúde pública.

“Para nós é unha prioridade contar con depuradoras que funcionen adecuadas ás necesidades –cabe salientar que Barreiros multiplica a súa poboación no verán– e levamos traballando sen descanso desde o inicio do mandato, aínda que as cousas van máis lentas do que nos gustaría”.

SOLUCIÓN QUE PODERÍA SER “ÁXIL” E “DEFINITIVA”

O executivo lucal buscou financiamento co Goberno central e o autonómico, pero “o elevado custo da construción dunha nova estación depuradora, tal e como proxectou Augas de Galicia, fixo que o goberno municipal buscase alternativas viables ao mesmo tempo que buscamos o finanzamento para o proxecto da depuradora; tentando axilizar o máximo posible a solución”.

DIFICULTADES PARA ACADAR FINANCIAMENTO

Os sistemas de depuración mediante humedais artificiais aireados téñense posto en funcionamento con éxito noutros lugares tanto para augas residuais domésticas como industriais “e cremos que pode dar cobertura suficiente ás necesidades de Barreiros, pero é fundamental contar coa aprobación e a coordinación de Augas de Galicia, xa que é o organismo que en última instancia aprobará as instalacións”.

De poder levar a cabo este proxecto os custos do mesmo poderían reducirse en máis dun terzo, de xeito que “a consecución dos cartos suficientes para o financiamento e a implicación das distintas administracións podería ser máis doada, constituíndo unha solución definitiva”, manifestou a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...