IniciosociedadeViveiro levará ao vindeiro pleno o plan municipal para previr incendios forestais

Viveiro levará ao vindeiro pleno o plan municipal para previr incendios forestais

De concretarse a súa aprobación inicial, o documento deberá someterse ao trámite de información pública polo prazo de 30 días hábiles

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou a través dun comunicado de prensa que incluirá na orde do día do próximo pleno a proposta de aprobación inicial do Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.

Trala súa aprobación inicial, concreta o goberno local na nota, “o documento deberá someterse ao trámite de información pública polo prazo de 30 días hábiles para que as persoas que o desexen poidan formular as correspondentes alegacións, observacións e suxestións”.

O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, concreta o Concello, foi elaborado pola empresa Seaga (Empresa pública de Servicios Agrarios), en virtude da adhesión do goberno local ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e firma en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias.

O plan “conta co informe preceptivo e vinculante emitido pola Dirección Xeral de Defensa do Monte” e “define as redes de faixas secundarias de acordo co artigo 21 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia”.

Así, inclúe “os planos coa rede secundaria de faixas de xestión de biomasa perimetral ao solo urbanos, núcleo rural e urbanizable, e a relación de parcelas afectadas”.

Á aprobación deste plan, argumenta o Concello, “únese as xestións e tramitacións que por parte do goberno local se veñen realizando para a prevención e defensa contra incendios forestais, entre as que se inclúen os bandos publicados lembrando aos propietarios a obriga de actuaren no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa; e os expedientes tramitados, que ascenden, dende 2018, ao centenar, e todas as comprobacións realizadas ao respecto polos vixiantes de urbanismo e medio ambiente”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...