InicioM.ambiente e PatrimonioUnha comisión decidirá que solución pedir a Portos para a praia de...

Unha comisión decidirá que solución pedir a Portos para a praia de Covas

O xefe provincial de Costas explicou a partidos e veciños as seis alternativas baralladas para o areal

Publicada o

- Advertisement -

Este mércores celebrouse en Viveiro unha xuntanza entre o xefe provincial de Costas do Estado, José Miguel Estevan Dols, os voceiros dos grupos políticos municipais e representantes da plataforma veciñal Salvemos a praia de Covas.

DEGRADACIÓN

Na xuntanza, o delegado do organismo estatal explicou as seis posibles solucións que se barallan para este areal, que se degrada día a día pola acción do mar co conseguinte perigo para as vivendas situadas cerca da costa, e tamén para os viandantes do paseo marítimo.

TRASVASAMENTOS DE AREA

Segundo explicou Estevan Dols, o Centro de Estudios e Experimentación de Obras Públicas (Cedex), entidade encargada de realizar o pertinente estudo, dúas das posibilidades pasarían pola acumulación da área, sexa por trasvasamento da zona oeste da praia, a partir dunha achega doutro areal.

BERMA

A elevación dunha berma ou franxa de area que transformaría o perfil da praia é outra das actuacións posibles, que deberían, en calquera caso, complementar outras.

ESPIGÓNS E DIQUES

Así, o Cedex propuxo a instalación dun espigón ou ben dun espigón illa, máis pequeno, que partiría da zona seca pero sen ter incidencia no paseo marítimo. Unha sexta alternativa é a creación dun dique sumerxido ou arrecife que frease a forza das olas, ao xeito do construído na praia de San Lorenzo, en Xixón.

CONSENSO

Trala explicación do organismo estatal, que espuxo os pros e contras de cada alternativa, a solución pasará primeiro por un consenso do tecido social de Viveiro e por iso crearase unha comisión para decidir cal é a mellor opción para a praia.

Participarán nela os grupos políticos e tamén os veciños, a fin de remitir posteriormente un escrito a Portos de Galicia no que se sinalará a alternativa máis axeitada. Por agora non hai data para unha xuntanza deste colectivo.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...