InicioM.ambiente e PatrimonioO TSXG anula a aprobación do parque eólico Sasdónigas, que afecta o...

O TSXG anula a aprobación do parque eólico Sasdónigas, que afecta o Camiño de Santiago

O Alto Tribunal galego acolle o recurso interposto por dez particulares e declara nulo o acordo do Consello da Xunta que permitiu no 2018 a modificación do proxecto inicial

Publicada o

- Advertisement -

A sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu o recurso interposto por dez particulares contra a aprobación definitiva do Proxecto de Parque Eólico Sasdónigas, en Mondoñedo. Os maxistrados declararon nulo o acordo do Consello da Xunta tomado en novembro de 2018 no que se deu o visto e prace á modificación do proxecto inicial do parque, que fora aprobado en 2012. Norvento, a empresa promotora das instalacións, quería incluír un cambio de modelo de aeroxerador.

“Para que as modificacións dun parque eólico teñan o carácter de non esencial, deberán dispoñer de informe favorable do órgano ambiental respecto da proposta de modificación; e, no presente caso, aínda que existe, o documento non contén todos os informes sectoriais necesarios para valorar correctamente a incidencia ambiental da modificación proposta pola promotora”, salienta o TSXG.

Os maxistrados entenden que Norvento pretende realizar “unha división artificial dun único parque eólico en dúas fases”. Así, sinalan que a denominada Fase IIcarece dos elementos e equipamentos necesarios para ser considerada unha instalación independente da Fase I”. O TSXG destaca que ese “desmembramento” evita que se analicen elementos como un xacemento arqueolóxico, o que denunciaba En Marea. “Ao realizar unha avaliación ambiental individual de cada un dos proxectos fragmentados, evítase unha verdadeira avaliación global de todo o proxecto”, destaca o TSXG.

A EMPRESA ALEGABA QUE OS AEROXERADORES RESULTAN “ATRACTIVOS” PARA OS TURISTAS

Os xuíces advirten que tampouco se valoraron correctamente “elementos especialmente protexidos, como o Camiño de Santiago“, xa que o cruza unha vía do parque eólico. Norvento, segundo consta na resolución, alegou que os aeroxeradores resultan “atractivos para os turistas, dando a entender que supoñen un valor engadido, en lugar dunha grave afectación polo seu impacto visual e acústico“. Os maxistrados recalcan que, ademais da ruta xacobea, o parque afecta “a importantes recursos hídricos”, entre eles dúas lagoas, tal e como tamén alertara a formación instrumental.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...