O Concello confirma que o vertido no río Xunco procede das balsas da mina de caolín

O tinguido branco das augas nas zonas de Sargadelos e San Román foi provocado polo arrastre de material do depósito de decantación

Vertido no río Xunco. AXM

O Concello de Cervo confirmou este martes a través dun comunicado de prensa que o vertido denunciado o pasado luns polo BNG local a través das redes sociais procede, como se pensaba nun principio, “das balsas de decantación da mina de caolín“. A vertedura tinguiu de branco o caudal, que semellaba “leite” ao seu paso por San Román e Sargadelos.

Durante a mañá deste martes “o goberno local continuou revisando o leito do Río Xunco, para tentar achar a orixe do vertido detectado no día de onte”, expón a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez. Tanto delegado de Protección Civil, Alfredo Fernández, e o responsable do Servizo Municipal de Emerxencias, Mario Antuña, confirman na nota que “o tinguido branco das augas foi provocado polo arrastre de material das balsas de decantación da mina de caolín”. Tamén se detectou que o río, “froito das intensas chuvias caídas estes días, baixa moi revolto en todo o seu curso, á marxe deste punto no que se identificou o vertido”.

Non se detectou en principio mortalidade animal, segundo concretan as mesmas fontes. O vertido afectou á parte do mesmo treito onde no pasado mes de agosto morreron varias troitas a causa dunha vertedura. Desde o Concello de Cervo deuse aviso ao Servizo de Protección da Natureza (Seprona) “por se houbese que depurar responsabilidades”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here