Novo vertido procedente das balsas da mina de caolín nas augas do Xunco

Ao igual que aconteceu en días pasados, o caudal baixaba desde a área de San Román tinguido de branco

Río Xunco, este mércores. BNG DE CERVO

Fontes do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Cervo confirmaron un novo vertido ás augas do río Xunco procedente, con case total seguridade, das balsas de decantación da mina de caolín sen actividade de Vilaestrofe. Ao igual que aconteceu en días pasados, o caudal baixaba desde a área de San Román tinguido de branco.

As mesmas fontes sinalan que ao peche desta edición tentábase localizar o foco concreto da vertedura, dando conta da situación a Augas de Galicia e ao Servizo de Protección da Natureza (Seprona). En principio non se documentou mortandade de fauna.

O BNG de Cervo foi quen denunciou a vertedura a través das súas redes sociais, nas que reclamou “responsabilidades” por repetirse esta situación, e reclamou “obras para frear as constantes fugas de drenaxe da mina”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here