InicioM.ambiente e PatrimonioO PSOE oponse ao proxecto de reforma da Praza da Catedral de...

O PSOE oponse ao proxecto de reforma da Praza da Catedral de Mondoñedo pola redución do espazo

Os socialistas consideran que a proposta de remodelación que parte do Concello reducirá "a visibilidade da fachada" e a "funcionalidade" do lugar

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Mondoñedo advertiu a través dun comunicado de prensa de que “o proxecto de renovación da Praza da Catedral non contribúe a mellorar a funcionalidade do espazo, senón máis ben todo o contrario, reduce a visibilidade da súa fachada, rompe a harmonía arquitectónica e as novas pedras de cantería empobrecerían o lugar”.

Os socialistas rexistraron un escrito no consistorio de Mondoñedo no que analizan a súa postura con respecto a este proxecto. “Por unha banda coa ampliación do cantón vaise reducir a visibilidade e amplitude da praza, así como a funcionalidade da mesma, coa considerable redución do amplo espazo do que podemos desfrutar actualmente”, sinala a súa voceira, Esperanza González.

TODA A OPOSICIÓN E UN GRUPO DE VECIÑOS, CONTRA AS MEDIDAS PREVISTAS

No que se refire a colocación de pedra nova que se require para mover a balaustrada, “entendemos que vai romper a harmonía da praza xa que son pedras completamente novas, ademais ese material será cortado con máquinas, como xa ocorre actualmente con diversas actuacións que se fixeron nesta mesma balaustrada. E tal como se pode comprobar aínda hoxe a praza se resinte desta actuación”, argumenta o grupo socialista mindoniense, que se une así ás críticas tanto do BNG como dun grupo de veciños e persoeiros que recadan sinaturas contra o proxecto.

No que atinxe á ampliación do cantón grande e da balaustrada, “segundo os planos a praza pasaría de ter 1.721,27 m2 actuais a 1.529,17 co proxecto modificado. Reducir este espazo á praza da catedral, en ambos sentidos, afectaría sensiblemente á visión global da praza. E ao mesmo tempo mermaría a súa funcionalidade, con menos espazo, quedando máis encaixada”, expón o PSOE mindoniense.

“Tamén queremos sinalar que nos parecen positivas e necesarias, as obras de saneamento no trazado de rúa que existe entre Calenda (antiga librería Alvite), que propón o Concello, xa que tal e como comprobamos é unha zona de pequenas inundacións cando hai fortes choivas, pola falla de canalizacións. Outra medida que valoramos positivamente é o peche á circulación, dentro da Praza, nos meses de verán xa que contribuiría a mellorar o entorno deste espazo”, afonda o grupo socialista mindoniense na nota.

USO DOS NOVOS ESPAZOS

Sobre os usos dos novos espazos coa proposta da ampliación o PSOE mindoniense remarca que “neste proxecto non queda claro quen vai ocupar os novos espazos que se crearán no entorno, por exemplo coa ampliación do cantón, seste espazo vai ser para os peóns ou para colocar mesas. Tampouco queda claro onde van colocar os taxis”, advirte.

CONCURSO DE IDEAS

Por último, “entendemos que un proxecto desta envergadura, nun entorno tan relevante como é a Praza da Catedral de Mondoñedo, Patrimonio da Humanidade, debera contar con máis propostas, a través dun concurso de ideas con profesionais especializados neste tipo de actuacións. Nesa liña queremos  lembrar que o Concello de Mondoñedo conta tamén cunha oficina de Rehabilitación, polo tanto sería convinte escoitar a súa visión sobre este proxecto, e que proposta ofrecería”, indica González.

AFECTADOS “NON COÑECEN” O PROXECTO

Segundo explica a concelleira socialista, o PSOE mindoniense “contrastou este proxecto con arquitectos da nosa comunidade, que non aconsellan esta intervención. Ademais tamén mantivemos contactos con propietarios das vivendas afectadas por estas obras situadas na Praza da Catedral, que din descoñecer o proxecto”, conclúe.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro denuncia que o Centro de Saúde “segue igual a pesar das promesas da Xunta”

O Concello de Viveiro continúa a denunciar a situación do Centro de Saúde do...

Ribadeo prende as luces do Nadal 2023-2024

Co acendido esta tarde do alumeado Ribadeo deulle á benvida ao Nadal. O alcalde,...

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...