InicioM.ambiente e PatrimonioPreocupación en Cervo por vertidos na praia da Limosa e no río...

Preocupación en Cervo por vertidos na praia da Limosa e no río Xunco

O Concello atribúe o acontecido no areal ao "arrastre de material inerte" de Alcoa, e admite que o mantemento "non é o desexable" na mina de caolín, que novamente tinguiu de branco o caudal

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo atribuíu nun comunicado de prensa “aos episodios de chuvia intensa que se viviron nestes días pasados, e que derivaron na acumulación de material inerte”, o tinguido tanto das augas da Praia da Limosa, en San Cibrao, como do leito do río Xunco.

A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, asegura que tras poñerse en contacto cos responsables de Alcoa, a empresa sostén “que a cor vermella das augas é froito do arrastre do material importado de Guinea, a consecuencia das elevadas precipitacións rexistradas”.

Pola súa banda, o tinguido branco do Río Xunco é provocado polo arrastre de material inerte procedente das balsas de decantación das minas de caolín, inoperativas desde fai máis de cinco anos. Ao longo das últimas semanas repetiuse esta situación en varias ocasións, como os pasados días 7 e 16 de decembro ou no día de onte, coa reclamación por parte do BNG de que se depuren as “responsabilidades” e de que se fagan “obras para frear as fugas de drenaxe da mina”.

Desde o Concello “estase en contacto coa Comunidade de Montes e tamén coa nova empresa adxudicataria que en datas próximas volverá explotar a mina; o que implicará tamén un reforzo das tarefas de mantemento, que nestes intres, á vista dos feitos e trala acumulación desa materia inerte no río, non son as desexables“, admite o goberno municipal.

A concelleira e máis representantes da Comunidade de Montes, ante o río Xunco. AXM

Segundo conclúe o executivo local, os feitos, tanto no caso da praia da Limosa como do Río Xunco, “foron postos en coñecemento das autoridades competentes en materia medioambiental para a súa valoración”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...