Construído en Italia no 1595 e afundido en Ribadeo entre o 6 e o 13 de novembro de 1597, o galeón Santiago de Galicia considérase o buque de guerra español do século XVI mellor conservado do mundo.
O galeón que embarrancou no porto de Mirasol pertenceu á Segunda Armada Invencible de Felipe II. Construído coa mellor tecnoloxía da época, no seu armazón utilizouse madeira de carballo do norte da península, como explicou Galicia Confidencial.
Con 32 metros de eslora, 9,38 de manga e 600 toneladas de peso, o buque transportaba unha fortuna de 91.000 ducados. Nesta reportaxe de Galicia Confidencial podes coñecer a historia do seu naufraxio.