InicioMovementos SociaisO Observatorio da Mariña pola Igualdade gaña o Premio Begoña Caamaño

O Observatorio da Mariña pola Igualdade gaña o Premio Begoña Caamaño

Concedido pola Deputación da Coruña, o galardón recoñece a "interseccionalidade, pluralidade, e a ampla tarefa en todos os ámbitos da sociedade" do colectivo

Publicada o

- Advertisement -

O Observatorio da Mariña pola Igualdade gañou o Premio Begoña Caamaño da Deputación da Coruña polo seu “traballo continuado pola igualdade, con impacto directo en diversos ámbitos da sociedade”, segundo informou o organismo provincial.

Estes aspectos, así como os seus proxectos feministas, foron algunhas das cuestións que valorou o xurado para outorgarlle o premio desta terceira edición, dirixido a proxectos culturais pola igualdade.

En concreto, o fallo destacou a “longa traxectoria do Observatorio da Mariña pola Igualdade, a súa interseccionalidade, a pluralidade, o impacto directo e a súa ampla tarefa en todos os ámbitos da sociedade”.

Xosé Xurxo Couto Rodríguez (presidente), Ailen Kendelman Mouzo, María Lado Lariño, Irimia Muelas Ferreiro, María Isabel Mouriz Barja e Clara Rodríguez Cordeiro (vogais) formaron parte do xurado.

Na primeira edición do premio, foi recoñecida a Libraría de Mulleres Lila de Lilith de Santiago de Compostela. Na segunda, o galardón foi ex aequo para os proxectos ‘Elas tamén pintan‘ e ‘Implicadas no desenvolvemento‘.

DÉCIMO ANIVERSARIO O PASADO ANO

O Observatorio cumpriu o pasado 2018 os seus dez anos de andaina. Podes ler nesta ligazón a entrevista a Raquel G. Hermida, a presidenta do colectivo, realizada por Vanesa Gómez Lourido.

O SÁBADO, CHARLA SOBRE A DIVERSIDADE ÉTNICO-RACIAL

A actividade do Observatorio non cesa e esta semana continúan as Xornadas sobre a diversidade etnico-racial, que se están a desenvolver en Burela.

Cartel das xornadas. AXM

Así, o vindeiro sábado, ás 11.00 horas na casa da cultura de Burela, a educadora e sexóloga Jeane Costa ofrecerá unha charla sobre a ‘Cousificación e hipersexualización étnico-racial’.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...