InicioMovementos SociaisEcoloxistas alegan contra a canteira proxectada no límite entre San Tirso e...

Ecoloxistas alegan contra a canteira proxectada no límite entre San Tirso e Trabada

A Coordinadora Ecoloxista d'Asturies lembra que hai casas a 200 metros do lugar da explotación

Publicada o

- Advertisement -

A Coordinadora Ecoloxista d’Asturies presentou alegacións contra o proxecto para a apertura dunha canteira de pizarra na localidade de Naraído, no municipio de San Tirso de Abres e no mesmo límite co concello de Trabada.

Explotaciones del Eo planea unha canteira a ceo aberto cunha superficie de máis de 16.000 metros cadrados. O pasado 10 de agosto publicouse o estudo de impacto ambiental, cun prazo de 30 días para formular alegacións.

CERCANÍA DAS CASAS

O grupo ecoloxista sinalou ao respecto das súas alegacións que “non se ten en conta a proximidade das vivendas, que quedarán a menos de 200 metros da explotación, co que se producirá impacto ambiental por ruídos, vibración e contaminación do aire con pó”.

o colectivo sinala que as voaduras poderían “poñer en risco as construcións” e que as vivendas perderán valor

O colectivo sinala que, malia a cercanía das casas, “non vemos que estea previsto tomar medidas para paliar estes problemas” e advirte de que as voaduras “poden poñer en risco as construcións”.

Segundo a coordinadora, isto suporá “unha perda evidente de valor destas propiedades”.

FONTES

Do mesmo xeito, os ecoloxistas aseguran que varias fontes de auga potable poderían verse afectadas pola actividade da canteira. Serían Fuente de Salero, Queirotas e Fuente Pública, a entre 100 e 120 metros sobre o nivel do mar do perímetro inferior da explotación.

o rego de naraído é afluente do eo e contén “numerosa fauna protexida”

A agrupación advirte tamén da proximidade do rego de Naraído, afluente do Eo, e tamén de “numerosa fauna protexida no río”.

RECOLLIDA DE AUGAS

O proxecto tamén carece, segundo os ecoloxistas, dun plan de “recollida das augas de escorrentía do interior da explotación e o seu tratamento previo ao sistema natural da zona, de acordo co establecido polo órgano competente nesta materia”.

RESERVA DA BIOSFERA

A coordinadora sinala que a explotación está planeada nun espazo que está dentro da Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Tierras de Burón e “terá un significativo impacto e unha clara afección á paisaxe que é preciso cuantificar”.

PROSPECCIÓN ARQUEOLÓXICA

Os ecoloxistas tamén botan en falta “unha prospección arqueolóxica axeitada, a partir da que se identifiquen as posibles zonas de ubicación dos elementos pertencentes ao patrimonio arqueolóxico, histórico, artístico e etnográfico“.

Por iso, agardan que “se informe aos veciños de como vai afectar a canteira ás súas vidas” e que o Principado de Asturias teña en conta as súas alegacións á hora de autorizar os correspondentes permisos sectoriais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...