Os traballadores de Noguera Xove comezaron este luns a folga indefinida convocada para protestar polos seus salarios, un paro que decidiron por maioría absoluta.
Os obreiros aspiran a equiparar os seus soldos cos que se perciben noutras empresas contratistas da planta de alúmina de Alcoa.
Cunha pancarta na que se podía ler ‘Por un convenio digno‘, o persoal de Noguera Xove concentrouse ante as portas do complexo industrial da multinacional para formular as súas reivindicacións.