InicioEconomía"Decepción" no comité de Alcoa trala visita de Maroto: "imos sen solucións...

“Decepción” no comité de Alcoa trala visita de Maroto: “imos sen solucións reais cara o abismo, decembro”

Os sindicatos lamentan que Maroto "non ensine" o contido do estatuto das electrointensivas e retomarán este mércores en Xove o calendario de protestas

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao mostrou a súa “decepcióntrala reunión mantida no complexo industrial coa Ministra de Industria en funcións, a socialista Reyes Maroto, ao non ver concretada “ningunha solución real” para a situación da planta de aluminio, na que a multinacional aplicou un recorte produtivo do 11%, coa parada de 32 cubas. Ante esta situación, manterá o seu calendario de protestas para esixir ao Goberno un abaratamento do prezo da luz.

Segundo expuxo o presidente do comité, Xosé Paleo, “canto máis tempo pasa máis posibilidades hai de que se tomen outras medidas que non son tan doadamente reversibles” como a parada de cubas, que se poden rearrincar sen excesivos problemas. Así, os sindicatos temen que a multinacional execute despedimentos, dado que se comprometeu a non tocar o emprego antes da formación do novo Goberno que saia das eleccións xerais, pero non en diante. “Camiñamos cara o abismo, que é o mes de decembro“, advertiu.

“A LUZ COLÓCANOS NO VAGÓN DE COLA”

Paleo lamentou que Maroto “non ensina” o estatuto das electrointensivas, o que fai pensar aos traballadores que “non haxa ningunha solución real para a fábrica no seu contido. Un marco tarifario estable que nos poña en igualdade de condicións coas demais industrias do aluminio europeas dista moito de ser garantido”, afirmou o sindicalista.

Neste sentido, Paleo remarcou que San Cibrao “é a terceira fábrica máis eficiente de Alcoa se descontamos o gasto en enerxía; de incluír o prezo da electricidade, somos a décima, das dez que ten Alcoa no mundo. O custo da luz ponnos no vagón de cola“, asegurou.

COMPENSACIÓNS POR CO2 PAGARANSE “ESTE ANO”

No tocante as compensacións por emisións indirectas de CO2, o comité expón que a ministra “confirmounos que a próxima semana se aprobará en Consello de Ministros a ampliación de crédito para aumentalas ao máximo permitido pola Unión Europea para as empresas que o solicitaron”.

O global das indemnizacións, de 180 millóns de euros -para arredor de 150 empresas, segundo expón Alcoa- comezarase a pagar, anunciou Maroto ao comité, “a partir dese momento e antes de final de ano“.

A POXA SERÁ IDÉNTICA Á DO SEGUNDO SEMESTRE DO 2019

No relativo á poxa de interrompibilidade, Maroto asegurou que a do 2020 terá “condicións idénticas” ás do segundo semestre de 2019, unha prórroga que se está a negociar coas autoridades da Unión Europea. Naquela altura Alcoa mostrouse disconforme coa fragmentación dos bloques de enerxía interrompible e o seu menor prezo de saída.

Respecto da subasta e das compensacións por emisións indirectas de CO2, Paleo asegurou que “non chegan” para garantir unha “solución” para a fábrica, que está en garantir “un prezo da enerxía eléctrica igual ao de Francia e Alemaña“.

MESA DE SEGUIMENTO

Por último, conformouse a mesa de seguimento para o futuro da planta. Segundo os sindicatos, a empresa comprometeuse a fixar a data da primeira reunión “durante esta semana”. Na xuntanza, segundo explica Paleo, “díxonos que mostrará o contido do estatuto“.

Paleo precisa que a empresa “segue a manifestar que, cos prezos actuais
da enerxía, a produción de alumino no Estado é inviable“, polo que o comité de empresa continuará co calendario de mobilizacións para esixir do Goberno unha solución. A seguinte, este mércores en Xove, na praza do Concello a partir das 20.30 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...