A Xunta de Galicia anunciou que está a traballar no desenvolvemento dunha ferramenta, Praias Seguras de Galicia, para regular o acceso e o aforamento ás praias da comunidade cun sistema de “cita previa” similar ao que xa funciona nas Catedrais.
Así o abordou unha reunión este luns sobre a materia na que participou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, así como a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o responsable de Cultura e Turismo, Román Rodríguez.
En concreto, a conselleira de Medio Ambiente explicou que o Goberno galego impulsou esta ferramenta, que proporá á Federación Galega de Municipios (Fegamp), co obxectivo de que se poida implantar en “todo o territorio galego” para “garantir un acceso seguro e de calidade a todas as praias”.
Para iso, apostaron por aproveitar modelos que “xa de seu funcionan”, como o que se utiliza para controlar o aforo na praia das Catedrais. Unha ferramenta utilizada nun areal turístico como o de Ribadeo, desfrutado como monumento natural e apenas utilizado para o descanso e o baño, e que a Xunta quere trasladar aos areais usados polos bañistas.
92 AREAIS NA MARIÑA
Galicia conta con 960 praias, que suman máis de 18,75 millóns de metros cadrados de superficie. A maior parte (454) están na provincia da Coruña, mentres que 414 son de Pontevedra e 92 de Lugo. O aforo máximo de todas as praias é de 939.520 persoas. Le a información completa no Galicia Confidencial.