InicioEconomíaDirectivos de Liberty House visitarán San Cibrao a semana que vén

Directivos de Liberty House visitarán San Cibrao a semana que vén

A semana que vén comezará a "segunda fase" do proceso de venda da planta de aluminio de Alcoa, coa auditoría da fábrica

Publicada o

- Advertisement -

Directivos de Liberty House visitarán a planta de Alcoa San Cibrao a próxima semana no marco do período de ‘due diligence‘ que se abre dentro do proceso de compra.

A semana que vén comezará a “segunda fase” deste proceso de venda, coa auditoría da fábrica de San Cibrao, pola cal os directivos “entrarán na factoría, farán unha visita para ver como están as instalacións e comprobar os investimentos que teñen que facer”, segundo explica o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.

Posteriormente, chegaría “a negociación pura e dura da venda en si” na última fase do proceso. Zan espera que a multinacional americana “chegue a un acordo co novo comprador, que ten sobre a mesa un plan industrial cun investimento nunha planta de coxeración, que tardaría un ano en funcionar”.

OS OBREIROS SEGUIRÁN COAS MOBILIZACIÓNS

“É importante este acordo, e tanto o Goberno estatal como a Xunta de Galicia teñen que colaborar nun plan industrial que de viabilidade á factoría”, deixa claro o sindicalista de Comisións Obreiras.

Despois de que o pasado martes realizasen unha protesta no banco de Loiba, en Ortigueira (A Coruña), Zan avanza que seguirán coas mobilizacións para dar “visibilidade” á súa situación.

A FÁBRICA FUNCIONA CON “NORMALIDADE”

Mentres, na fábrica da Mariña seguen producindo “normalidade e atendendo aos clientes” como fan “desde hai anos”.

“Deixamos de vender aos clientes que utilizaban o aluminio de forma especulativa. O resto de clientes, en España e Francia, que compraban o produto rematado, seguímolos atendendo”, destacou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...