EFE. O comité de empresa de Alcoa San Cibrao suscita á dirección da compañía que renuncie ao Expediente de Regulación de Emprego (ERE) ou ao Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte), que na práctica sería “un despedimento en diferido” de máis de 500 traballadores da fábrica de aluminio e doutros 400 das contratistas, e se aveña a negociar a venda da planta á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).
Durante un receso da negociación que as partes manteñen desde a unha da tarde na localidade pontevedresa de Nigrán, a uns 280 de quilómetros da planta de San Cibrao, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, invitou á compañía a que se dea “uns días de prazo para chegar a un acordo” coa SEPI.
Seguen as negociacións no Pazo De Cea, Nigran o comité sae falar cxs traballadorxs ali presentes tras un receso para…
Publicada por Rebelión Aluminio en Lunes, 28 de septiembre de 2020
“Poden ser quince, vinte días ou un mes. Daría tempo dabondo para chegar a un acordo de venda” cun ente estatal do que “non ten lóxica” que se presupoña que as súas propostas non son “razoables”, como Alcoa dixo da oferta de GFG Alliance / Liberty House.
Sucede que a compañía estadounidense actúa, segundo Zan, “con mala fe” e “demostra que en ningún momento quixo negociar a venda da planta e o que quere é importar a totalidade do aluminio de Arabia Saudita e doutras tantas en España”.
O presidente do comité de empresa pediu ao preto dun centenar de traballadores que se desprazou ata Nigrán para seguir de cerca o proceso de negociación que “non entren en provocacións” e avanzou que as próximas datas serán “importantes“.
“Sabedes que eles (por Alcoa) un acordo á SEPI un acordo condicionado a asinar un ERE ou un Erte“, explicou Zan aos traballadores congregados en Nigrán. “Mandárona agora por correo, nin sequera a dixeron na mesa”, afirmou.