InicioEconomíaFeijóo anuncia que "pedirá" ao Goberno a intervención se Alcoa non rectifica,...

Feijóo anuncia que “pedirá” ao Goberno a intervención se Alcoa non rectifica, pois “está en prazo”

Preguntado polo BNG no Parlamento de Galicia, o presidente da Xunta afirma que "ata esgotar" as vías a fábrica de aluminio non se pode intervir

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, vén de destacar que, no caso de non formalizarse a venda da planta de aluminio de Alcoa quedaría “acreditada a mala fe” da multinacional para evitar traspasar a fábrica co fin de “eliminar un competidor”. Nesta circunstancia, destacou, “entón o Goberno de España terá unha petición formal para intervir a compañía”.

Feijóo fixo esta afirmación no pleno do Parlamento, nunha sesión de control na que a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, esixiu coñecer se o Goberno galego “traballa xa” na “intervención” da fábrica de aluminio primario, unha reclamación que os nacionalistas levan meses realizando.

O mandatario autonómico dixo que Alcoa está “en prazo de rectificar” e vender a fábrica, ou ben de forma directa a Liberty House ou ben á SEPI, para que logo a empresa pública lla revenda. Neste sentido, dixo que ata esgotar estas vías, a fábrica non se pode intervir, polo que esta acción, que solicitará a Xunta -aseverou-, é o terceiro paso do procedemento. Le a información completa no Galicia Confidencial.

Pontón, cos obreiros de Alcoa. AXM

Por outra banda, traballadores de Alcoa e de empresas auxiliares foron recibidos na Cámara galega por Pontón e outros deputados do Bloque con motivo do debate no Parlamento galego sobre esta cuestión.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...