InicioEconomíaPresentada ante o TSXG a solicitude da cautelar para paralizar o ERE...

Presentada ante o TSXG a solicitude da cautelar para paralizar o ERE de Alcoa

Os sindicatos piden a intervención ou administración xudicial da planta de aluminio por parte da SEPI para frear a parada das cubas e os despedimentos

Publicada o

- Advertisement -

Ramón González Rey/axencias. O comité de Alcoa San Cibrao presentou este venres a solicitude, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), da cautelar coa que os sindicatos pretenden paralizar o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional na planta de aluminio.

Así o anunciou o comité nun comunicado de prensa que conta cos tres logos dos sindicatos con delegados no organismo de representación dos traballadores: CC OO, CIG e UGT.

A cautelar, en concreto, pide a intervención ou administración xudicial da planta de aluminio por parte da SEPI (Sociedade Estatal de Participacións Industriais) e  que “subsidiariamente que se ordene a Alcoa non comezar coa paralización das cubas de electrólise e en consecuencia non executar os despedimentos individuais en tanto non exista sentenza firme”.

As centrais sindicais aspiran con esta medida a que o xuíz decrete a suspensión do despedimento colectivo, que suporía a parada das cubas -nun proceso que Alcoa prevé completar como moi tarde o 31 de marzo de 2021- e a perda de máis de 900 postos de traballo -entre os 524 afectados na factoría e os máis de 400 nas empresas auxiliares-.

O ERE ao que se opoñen os traballadores, en folga indefinida desde fai días, chega logo dun proceso de negociación errado para a venda da fábrica da Mariña a Liberty House. Nun último momento foi o Goberno, a través da SEPI, o que intentou adquirila, pero a empresa tamén rexeitou a oferta, entre acusacións de ambas Administracións (a central e a galega) de actuar “con mala fe” e para evitar ter un competidor no mercado do aluminio.

Os traballadores convocaron unha manifestación en Lugo, o 24 de outubro, para reclamar a Xunta de Galicia e Goberno central a intervención pública da planta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...