IniciosociedadeO Concello pecha a escola infantil de Viveiro alomenos ata o 31...

O Concello pecha a escola infantil de Viveiro alomenos ata o 31 de xaneiro pola situación epidemiolóxica

O goberno local concreta que último dos positivos do centro detectouse onte, domingo, polo que dende entón están confinados unha aula de dez pícaros e maila súa profesora

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acordou o peche temporal da escola infantil municipal a partir de mañá, martes 19 de xaneiro e ata, mínimo, o 31 de xaneiro. O goberno local tomou esta decisión como medida preventiva, dada a situación epidemiolóxica no municipio, con 271 positivos confirmados nos últimos 14 días.

Segundo concreta o executivo municipal, “as últimas probas realizadas detectaron casos de Covid-19 en usuarios da escola infantil municipal. O último dos casos positivos do centro detectouse onte, domingo, polo que dende entón xa están confinados unha aula de dez pícaros e maila súa profesora. Trala valoración por parte do goberno local coa dirección do centro, tendo en conta que se trata de nenos moi pequenos que non empregan máscara, decidiuse que o máis acertado sería proceder a este peche temporal”, engade.

Dende o goberno local insisten en que este peche “é unha medida necesaria, tendo en conta a situación sanitaria do municipio e as características da escola, que acolle a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Con esta medida, o goberno local pretende garantir a seguridade dos usuarios e traballadores da escola e velar pola saúde pública”, argumenta.

O Concello de Viveiro adoptou esta decisión xa que ten competencias sobre a escola infantil, que é un servizo municipal. “Con respecto aos colexios de infantil e primaria, o goberno local non ten competencias xa que dependen da consellería de Educación“, aclara na nota.

O peche temporal está previsto, inicialmente, do 19 ao 31 de xaneiro. Con anterioridade ao día 31, o goberno local valorará a necesidade de prorrogar da suspensión, en función da situación epidemiolóxica nese momento.

ÚLTIMAS

Lara Fernández: “É necesario darlles voz aos máis novos sen ter que mediar un adulto”

-Cal foi o motivo da visita do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de...

Comesaña di que Sanidade nunca negou que houbese falta de especialistas na Mariña

O conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, apuntou que o pico de gripe en...

A Deputación cualifica de “irresponsables” aos bombeiros do parque de Barreiros

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque...

Ribadeo inaugura a pista de xeo para este Nadal

A pista de xeo e RibaXogo abriron as súas portas esta tarde nas carpas...