InicioOccidentalCervoChamada do Concello de Cervo ao civismo durante as festas da Maruxaina

Chamada do Concello de Cervo ao civismo durante as festas da Maruxaina

Desde o Concello de Cervo fan un especial chamamento ao civismo para que "a todos, veciñanza e visitantes, nos quede un gran recordo desta edición da Festa da Maruxaina" cuxo día grande será o vindeiro sábado.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo envía un comunicado para incidir na necesidade ao respecto ambiental e explica que tamén por seguridade haberá a disposición das persoas asistentes á festa un vaso único reutilizable. Os vasos estarán á venda por un euro na caseta da Maruxaina instalada na Praza dos Campos e nos locais de hostalería colaboradores coa Festa

Desde o Concello de Cervo fan un especial chamamento ao civismo para que “a todos, veciñanza e visitantes, nos quede un gran recordo desta edición da Festa da Maruxaina” cuxo día grande será o vindeiro sábado, pero que xa arrincará mañá coas actividades previas da Pre Maruxaina (Chupinazo, concentración de Maruxainos na Praza Nardo Martínez, degustación de empanada e bolos preñados, e nomeamento do Maruxaino de Honra a Cargo da asociación Amigos da Maruxaina).

Neste senso, pídese a colaboración de todos para contribuír a que San Cibrao amenza cunha boa imaxe o Domingo, trala Festa.

Desde o goberno local recordan que o persoal de limpeza estará preparado para o traballo de recollida, aínda así, “temos que facilitarlle as cousas, non tiremos nada ao chan e usemos os contedores e as papeleiras instaladas”. Por outra parte, reforzaranse as medidas de seguridade para garantir o bo decorrer da Festa.

A circulación na vila estará restrinxida, para facilitar tamén o paso dos vehículos de emerxencia, no caso de que fose necesario; con pases especiais para aquelas persoas que teñan garaxe no centro. Tamén se instalará un posto específico de seguridade e un Punto Lila de información sobre a violencia de xénero.

Por último, desde o goberno local piden que “entre todos temos que conseguir que a Festa flúa de xeito positivo e que esta edición da Maruxaina quede no noso recordo como unha das mellores”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...