IniciosociedadeA Xustiza avala as residencias de Trabada e Ribadeo

A Xustiza avala as residencias de Trabada e Ribadeo

O Xulgado do Contencioso-Administrativo Número 1 non aprecia "prexuízos" que xustifiquen a paralización dos concursos de contratación dos xeriátricos, pedida por Suplusa

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo anunciou este xoves que o Xulgado do Contencioso-Administrativo Número 1 vén de ditar un auto no que desestima a petición do consello de administración da sociedade do chan (Suplusa), formado polos deputados do Partido Popular (PP) e o non adscrito, Manuel Martínez, de paralizar as residencias de Trabada e Ribadeo

O Xulgado dicta que “non hai lugar” á suspensión solicitada e interpón costas á parte recurrente, o PP provincial e o deputado non adscrito. 

O auto sinala que “unha situación como a pretendida” polos demandantes, que solicitaron a paralización dos concursos de contratación dos xeriátricos conveniados entre a Deputación e os Concellos, “non cabe dúbida de que provoca un quebranto para o interese público, pois impediría ou comprometería a posta en funcionamento dos servizos, en prexuízo do interese xeral”.

O xuíz sinala que “non se concretan cales son os prexuízos” nin hai “proba algunha” que abonde para suspender os concursos de contratación dos xeriátricos. Ademais, destaca que “non se pode pasar por alto que existen numerosos informes de advertencias de ilegalidade sobre o mencionado acordo; outro pacto anterior adoptado en Xunta de Goberno que resolve declarar a perda de condición de medio propio a Suplusa, e actuales convenios de colaboración suscritos entre os Concellos afectados e a Deputación”.

CUARTO REVÉS XUDICIAL

Trátase da cuarta vez que a Xustiza desestima a petición de Suplusa de parar residencias do convenio entre Deputación e Concellos. Anteriormente, os xuíces avalaron os xeriátricos de Pol e A Fonsagrada e Guitiriz

DEZ USUARIOS MÁIS EN TRABADA

O centro de maiores de Trabada foi o primeiro que abriu as súas portas, o pasado día 25 de abril, e este xoves celebrou xornadas de portas abertas. 

Segundo avanza a Deputación, na residencia de Trabada, na que moran dez trabadenses, “entrarán proximamente outra decena de persoas“. O prezo das prazas é duns 640 euros de media, e calcúlase en función da capacidade económica dos usuarios. Co fin de garantir o acceso universal a esta prestación, Deputación e Concellos subvencionan as prazas para que ningún veciño se quede sen acceder aos centros por mor dos seus ingresos.

RIBADEO, CASE AO COMPLETO

O xeriátrico de Ribadeo vai inaugurarse “de forma inmediata“, segundo expón o executivo provincial. Hai 46 solicitudes rexistradas para as 48 prazas que ofrece o servizo. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...