A Asociación Cultural Avelino Díaz informou de que o pasado 15 de maio foi presentada diante da Real Academia Galega, un ano máis, a candidatura do poeta de orixe riotortense ao Día das Letras Galegas, neste caso do ano 2020.
No sitio web oficial da asociación pode consultarse a solicitude enviada a todas e cada unha das persoas académicas. Tamén se pode ver o víde oficial que acompaña a solicitude, coa intervención de 14 persoas explicando outras tantas razóns polas que consideran a Avelino Díaz merecedor de tal homenaxe.
O Mago Antón ou Eloi Villada, presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes, son dúas das persoas que participan da petición.
CATRO ANOS DE SOLICITUDES
O colectivo, que presentou peticións nos tres anos anteriores, insiste en que recoñecer a figura de Díaz, sería distinguir a quenes afrontaron a emigración e o exilio. Tamén suporía un impulso para compilar e difundir a obra inédita do autor, pois calcúlase que fican sen saír á luz máis de 850 poemas.
O pasado ano, a agrupación recolleu 2.400 sinaturas para respaldar a súa solicitude, e acadou o apoio de máis de 51 colectivos de Meira e Riotorto.
BIOGRAFÍA
Nacido en Santa Comba da Órrea no 1897, sería distinguir Díaz pasou boa parte da súa nenez en Meira, antes de emigrar a Bos Aires, onde exerceu o xornalismo. ‘Debezos’, de 1947, está considerado o primeiro poemario en galego da posguerra. Falecería no 1971 na capital arxentina.