IniciosociedadeA residencia de Ribadeo abrirá en xuño e conta con 30 solicitudes...

A residencia de Ribadeo abrirá en xuño e conta con 30 solicitudes válidas

O vindeiro venres asinarase a concesión dos servizos do xeriátrico á empresa Clece

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo anunciou este martes que o vindeiro venres, 24 de maio, será asinado o contrato de xestión de servizos coa empresa Clece para a residencia de maiores, que abrirá “a partires de xuño”, cando os primeiros usuarios poderán acceder á instalación.

Este martes, nunha xuntanza da comisión mixta de valoración do novo centro de atención a persoas maiores, os técnicos do Concello e da Deputación de Lugo supervisaron as 47 solicitudes de prazas presentadas.

O alcalde ribadense, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, confirmou que 30 desas peticións están conformadas con toda a documentación requerida, e poden ser pasadas ao sistema de valoración.

Esta comisión está conformada por técnicos, tanto do Concello de Ribadeo como da Deputación, e vai propoñer a aprobación desta primeira remesa de 30 persoas e vai establecer tamén a orde de entrada ao centro destes beneficiarios”, explicou o rexedor.

Este venres asinarase o contrato de funcionamento que garantirá ao mesmo tempo que tanto o Concello como a Deputación, en réxime de cooperación, terán a xestión e a dirección deste hotel de luxo, que é o noso centro de atención a persoas maiores de Ribadeo”, precisou.

Suárez Barcia lembrou que “este servizo público foi feito co alento de toda a veciñanza que nos apoiou nestes últimos anos, co esforzo económico e técnico da Deputación e máis do Concello de Ribadeo, e a pesares das reticencias manifestas, e da non inversión dun can, por parte da Xunta de Galicia. Eu podo dicir que por estas cousas paga a pena ser un servidor público”, concluíu.

FONDO DE COMPENSACIÓN AMBIENTAL

Suárez Barcia anunciou tamén que este martes remitiu cartas ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao delegado territorial da administración galega en Lugo, José Manuel Balseiro, en relación ao reparto do Fondo de Compensación Ambiental na provincia de Lugo, do que quedou excluído o concello de Ribadeo.

“Quero transmitirlle de maneira oficial o noso desacordo con tal sectaria decisión tomada por alguén que xestiona fondos públicos, que non son os seus”, expón o rexedor ribadense nas misivas.

Suárez Barcia lembra que se presentaron catro solicitudes nos últimos cinco anos, rexeitadas por non acadar a puntuación suficiente. No 2015 e no 2018 as peticións foron para mellora do saneamento de Rinlo, “porque había un problema que Augas de Galicia nos estaba advertindo que non estaba correcto”, explicou o alcalde ribadense. No 2017 solicitouse financiamento para adquisición dun vehículo híbrido, e neste 2019 para mellora do abastecemento de auga.

“Non se entende que, coñecidos os graves problemas que presentou este servizo no noso municipio por ter que asumir lixiviados provocados noutro concello veciño, o proxecto de melloras na arteria principal non acade a puntuación suficiente”, afirmou Suárez Barcia. 

“Esta actitude que teñen con nós traeralles consecuencias o domingo que vén, porque a cidadanía non tolera este tipo de sectarismos. Con todo, quero dicirlle que coa súa axuda ou sen ela, a obra farémola porque nosoutros en vez de dedicarnos a enredar dedicámonos a traballar, que é para o que nos puxeron os nosos veciños”, conclúe o rexedor.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...