IniciosociedadeAcisa valorará se inclúe as grandes superficies comerciais de Ribadeo

Acisa valorará se inclúe as grandes superficies comerciais de Ribadeo

A agrupación empresarial celebrará a asemblea xeral anual o vindeiro 31 de xaneiro

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo celebrará a súa asemblea xeral ordinaria o vindeiro 31 de xaneiro. O punto máis destacado da orde do día é a proposta de incluír as grandes superficies comerciais da localidade -tanto do casco urbán como dos arredores- como socios da agrupación de comerciantes.

Os 160 asociados do colectivo empresarial votarán se integrar os grandes comercios dentro da Acisa, para o que terían que pagar, segundo explica a directiva, unhas cotas especiais.

A intención da Acisa para o vindeiro ano é “mellorar a oferta que desde a agrupación podemos levar a cabo para atraer máis clientes a Ribadeo”. Así, a directiva exporá ante os socios o proxecto para o vindeiro ano.

A asemblea celebrarase ás 20.30 horas, no salón de actos da antiga casa sindical. Na sesión darase conta da situación contable da Acisa a 1 de xaneiro do 2019.

Ademais, presentarase unha análise e valoración das actividades realizadas, e un informe da programación de actividades para este ano que vén de comezar.

CABALGATA

Outro dos asuntos que se abordará é a Cabalgata de Reis. “Tralo intento da asociación empresarial de organizar o mencionado evento trasladarase aos socios o sucedido nas pasadas festas de Nadal coa comisión organizadora e aclararase cal é a nosa posición”, aseguran desde a Acisa.

TRIXÉSIMO ANIVERSARIO

O 30 aniversario da Acisa neste 2019, e a organización de actos para celebralo, serán outros dos puntos a tratar na xuntanza. Finalmente, a compra de bolsas para a venta tamén se abordará na reunión.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...