IniciosociedadeA Xunta di que a praga de mosquitos se "reduciu" tras intervir...

A Xunta di que a praga de mosquitos se “reduciu” tras intervir en Mirasol

O Goberno galego admite que a madeira amoreada "favorece" a proliferación das moscas de substrato causantes das molestias e anuncia inspeccións periódicas

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia asegurou este mércores que a praga de mosquitos que suscitou as queixas dos hosteleiros ribadenses e do Concello de Ribadeo remitiu tras a aplicación dun tratamento nas instalacións do porto de Mirasol.

Segundo detallou a delegación do Goberno galego en Lugo, os servizos técnicos e as consignatarias do porto traballan coa empresa especializada Siscop que “identificou a mosca de substrato como causante das molestias” e que aplicou un tratamento para controlar o seu ciclo reprodutivo.

A Administración autonómica explica que o produto, que “ofrece totais garantías para o medio acuático próximo e tamén para as persoas e a madeira” almacenada nas instalacións, se comezou a aplicar o 8 de xullo “tanto nos espazos á intemperie como na zona de almacén cuberto” das instalacións portuarias.

“Neste momento estamos en fase de avaliación do resultado pero cos datos obtidos podemos asegurar que descendeu notablemente a poboación de moscas existente nas áreas tratadas e, como a súa efectividade é progresiva, agardamos que poida remitir a praga“, anticipan.

Ademais, sinalan que se realizarán inspeccións periódicas para facer un seguimento da situación na zona.

O goberno galego aclara que os insectos identificados como causante da praga, “de entre dous e catro milímetros”, non supoñen “un problema de saúde pero si causan molestias, en especial ás vivendas e establecementos da contorna”.

PIDE AO CONCELLO QUE DESINFECTE SUMIDOIROS

Tras polemizar co Concello sobre a orixe da proliferación dos insectos, o comunicado detalla que “a empresa encargada dos traballos non identificou a madeira acumulada no porto como foco da praga” pero admite que “o sistema de almacenamento pode ser, polas características de humidade, un espazo óptimo para a súa alimentación e reprodución”.

Por outro lado, a Xunta acusa ao goberno local “de botar balóns fóra en relacion coa praga” e indica que o “Concello debería aplicar tratamentos similares en zonas da súa competencia, concretamente, en espazos con augas estancadas e sumidoiros que, di, “son ambitos ideais para a crianza e alimentación das moscas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...