IniciosociedadePortos elaborará un "novo informe" para "aclarar" a orixe da praga de...

Portos elaborará un “novo informe” para “aclarar” a orixe da praga de mosquitos en Ribadeo

A administración autonómica cuestiona o "rigor" do informe encargado polo Concello que sitúa a orixe da proliferación de insectos na madeira amoreada no peirao de Mirasol

Publicada o

- Advertisement -

Portos de Galicia elaborará un informe para “clarificar” a orixe da praga de mosquitos que está a afectar a zona do porto e que preocupa tamén aos hostaleiros e comerciantes do casco urbán.

A administración autonómica explicou nun comunicado que o pasado luns “realizaron unha inspección da zona afectada xunto con representantes das empresas madeireiras e consignatarias” e “tomaron mostras para elaborar un novo estudo”.

PORTOS CUESTIONA O “RIGOR” DO INFORME DO CONCELLO

Trala visita, o ente da Consellería do Mar cuestionou o “rigor” do informe do Concello de Ribadeo en relación coa praga de mosquitos. 

O estudo, elaborado pola empresa especializada en pragas Sanal Control Medioambiental, sitúa a orixe da proliferación de insectos na madeira amoreada no peirao de MirasolA administración autonómica critica a “imprecisión do estudo” xa que, indica, “non incluía a visita á zona afectada”.

UNHA FUMIGACIÓN, “INVIABLE”

En relación coas “medidas urxentes” esixidas polos comerciantes e mais o Concello, Portos indica que “a retirada da madeira e a limpeza da superficie non garante a fin da praga” e que “unha fumigación sería inviable a nivel medioambiental e de operatividade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...