IniciosociedadeOrzamentos: a Deputación presume dun 33% para políticas sociais e o PP...

Orzamentos: a Deputación presume dun 33% para políticas sociais e o PP pide “máis gran” para fixar poboación

As contas proxectadas polo bipartito destinan nove millóns ás residencias abertas, como as de Trabada e Ribadeo, e ás da Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita

Publicada o

- Advertisement -

O goberno bipartito da Deputación de Lugo presentou este xoves un orzamento para o próximo ano que ascende a 91,7 millóns de euros, unha cantidade cuxo 33% irá destinado a políticas sociais, 20 millóns de euros ao Plan Único de axudas aos municipios e outros 14 millóns a mantemento, conservación e obra nova na rede viaria provincial que, con 4.200 quilómetros de estradas, é a máis extensa de España.

Na presentación do orzamento para 2020 participou o presidente da Deputación, o socialista José Tomé; a vicepresidenta, Maite Ferreiro (BNG), e a deputada de Economía, Mayra García, tamén do PSdeG-PSOE.

Durante a súa intervención, Tomé precisou que o orzamento provincial será debatido nun pleno extraordinario que se celebrará o próximo 5 de decembro, logo da Comisión de Facenda e Especial de Contas que terá lugar o vindeiro luns, co obxectivo de que a execución das contas comece xa en xaneiro.

“Cumpriremos co obxectivo que nos marcamos ao principio de mandato de ter en vigor os orzamentos desde principios de ano, dado que só desa forma son verdaderamente eficaces e cumpren cos obxectivos para os que foron elaborados”, dixo o presidente da institución provincial.

Tomé aclarou que o orzamento da Deputación de Lugo para este ano é un 3,7% superior ao do exercicio en curso, grazas a un incremento da participación nos tributos do Estado.

DISOLUCIÓN DE SUPLUSA

Precisou, así mesmo, que reflicten a decisión de disolver a Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa), de modo que se elimina a achega da Deputación, aínda que as contas si inclúen a achega da institución ao orzamento do Consorcio Provincial de Bombeiros.

PLAN ÚNICO

A Diputación destinará máis de 20 millóns de euros, 11,2 millóns do orzamento deste ano e o resto da cantidade con cargo aos remanentes do exercicio de 2020, para o Plan Único de axuda aos municipios, así como 14 millóns de euros para a rede viaria provincial, outros dous millóns para impulsar o sector primario e 2,4 millóns para promoción turística.

CENTROS DE MAIORES

Así mesmo, resérvase unha partida de nove millóns de euros para o funcionamento das tres residencias da tercedad idade abertas, en Pol, Trabada e Ribadeo, así como para a apertura das construídas na Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita do Cebreiro, ademais da de Meira “sé é posible”.

Neste sentido, Tomé agardou que a Xunta de Galicia acepte a cesión das residencias da terceira idade construídas en diferentes municipios lucenses, do mesmo xeito que fai, considerou, coas doadas pola Fundación Amancio Ortega.

“Se acepta as doazóns de Inditex, que motivos pode ter para non aceptar aquelas residencias que lle cede a Deputación”, preguntou, que recordou que a institución provincial asumiu en solitario o gasto da súa construción e equipamento.

Ademais, asegurou que o novo goberno da institución provincial “seguirá adiante” cos compromisos adquiridos con todos os concellos”, como Ourol e A Pontenova, para promover residencias de maiores nos seus respectivos territorios.

EMPREGO

Cinco millóns irán destinados a iniciativas para fomentar a creación de emprego e 2,6 millóns para mellorar a educación pública na provincia.

“Elaboramos uns orzamentos pegados á realidade da provincia, que aplican, a través da cooperación cos Concellos, políticas progresistas para favorecer a cohesión social, o equilibrio territorial e o impulso da economía e o emprego”, subliñou Tomé.

O BNG RESALTA QUE OS CONCELLOS DEBERÁN PAGAR OS DESPRAZAMENTOS DAS OBREIRAS DO SAF

Pola súa banda, Ferreiro afirmou que estes orzamentos levan tamén a “marca do BNG”, a través do Plan Único, pero tamén pola introdución dunha perspectiva “de xénero” nas contas provinciales desde un punto de vista “transversal”.

Ferreiro reivindicou o Plan Único como modelo de xestión das deputacións e anunciou que, para recibir fondos para o Servizo de Atención no Fogar (SAF), os Concellos terán que asumir, de forma directa ou a través das empresas concesionarias, o pagamento dos desprazamentos das traballadoras que prestan o servizo, “algo que non ata agora non se fai en todos os casos e que supón unha discriminación para as mulleres nun sector feminizado“.

Así mesmo, reiterou a súa intención de seguir profundando no “baleirado de competencias” da institución provincial, mediante a negociación correspondente para que sexa a Xunta de Galicia a que se faga cargo das mesmas.

PP: PROXECTO “POUCO AMBICIOSO”

Pola súa banda, o PP criticou a “desconsideración” coa oposición de presentar o proxecto de orzamentos para 2020 “antes aos medios de comunicación” que ao Partido Popular.

Os conservadores afirman que “é chamativo o feito de que diminúe en 854.059 euros a cantidade destinada en este capítulo concreto a estradas provinciais que, incluíndo expropiacións, queda en pouco máis de 3,4 millóns“.

Unha das “graves eivas” que, a xuízo do grupo provincial popular, ten este proxecto orzamentario “é que non considera prioritaria a intervención decidida do organismo provincial para facer fronte ao grave problema de despoboamento da provincia. Só se fai unha brevísima referencia a fixar poboación, e de pasada”, sinalan, para reclamar “máis gran”. 

Respecto ao Plan Único, remarcan que a cantidade “é practicamente igual á reservada no orzamento inicial do 2019″, o que resulta “pouco ambicioso“. 

“Tampouco hai cambio significativo no importe total destinado á residencias de maiores. Esta vez parece que parte dos recursos se destinarán a apertura dos centros de A Fonsagrada, Castroverde e Pedrafita. Sen tempo non é, porque por exemplo no caso de Castroverde o edificio leva inaugurado desde o 2015. A apertura das residencias é unha necesidade inaprazable nunha provincia con poboación envellecida como é a de Lugo”, conclúe o PP. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...