InicioPolíticaO PP de Ribadeo critica a misiva do alcalde á Xunta: "enviando...

O PP de Ribadeo critica a misiva do alcalde á Xunta: “enviando cartas non se resolven os problemas no concello”

"Nós non imos entrar en políticas absurdas que algúns pretenden", din desde o PP ribadense.

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz do PP en Ribadeo, Daniel Vega, critica o envío dunha carta do alcalde da localidade ao presidente da Xunta espoñendo a situación do transporte escolar. Nesa misiva, Suárez Barcía explicaba a Alfonso Rueda as dificultades para coller o bus escolar nalgunhas parroquias do rural.

Por este motivo, Daniel Vega, explica que “enviando cartas con moita carga política non resolven os problemas no noso concello, máis ben o contrario”. Para o popular é un claro exemplo de que “teñen intención de entrar nunha pelea política” e o único que están a facer é crispar o ambiente. Ademais, Vega destacou que ”somos representantes públicos, polo tanto, non debemos entrar nunha discrepancia política por todo”.

O voceiro “popular”, tamén quixo dar as grazas a “María José Gómez, Xefa Territorial de Educación e aos centros educativos, entre todos vamos resolvendo os problemas”. Desde o grupo municipal “non entendíamos moi ben esta modicación”. Por iso, o grupo popular asesorou e asesora ás familas e aos centros educativos para que presenten unha reclamación da parada e o problema estase a resolver

“Nós non imos entrar en políticas absurdas que algúns pretenden. Como grupo municipal seguiremos traballando con moita responsabilidade e seriedade, e falando directamente coas familias, os centros educativos e os técnicos da Xunta, é dicir, falar cos axentes implicados para intentar solucionalo” explica o voceiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...