Medios ingleses seguen vendendo aldeas da Mariña

Os medios británicos continúan ofrecendo nas súas webs oportunidades para mercar aldeas enteiras na Mariña oriental.


A web https://euroweeklynews.com/ xa o di todo: “Polo prezo medio dunha casa en Madrid ou Barcelona, un comprador pode mercar unha aldea enteira na provincia de Lugo, no norte de España”

O lugar sinalado está no Concello de Trabada, na Mariña Oriental. A aldea ten tres casas construídas hai máis dun século. O prezo de venda está en “só” 160.000 euros.

Por ese total, a persoa que compre a aldea contará con tres casas, unha de 300 metros cadrados, outra de 280 e a máis pequena de 140 metros cadrados. Xunto ás casas están os hórreos, unha fonte, unha alpendre, cortes e un forno de pedra

Desde o Concello de Trabada informan non ter noticia desta venda e non teñen certeza de cal é o lugar que se pode ver nas fotografías.

Tal e como xa acontecera hai tempo, a Mariña Oriental segue na mira das webs inmobiliarias en lingua inglesa. Así aconteceu cando a actriz Gwyneth Paltrow recomendaba como “regalo” a compra dunha aldea abandonada no val do Eo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here