InicioPolíticaFrancisco Javier Fanego é a aposta do BNG para gobernar en Foz

Francisco Javier Fanego é a aposta do BNG para gobernar en Foz

Substitúe a Lorena Seivane, candidata no 2015, e encabezará unha listaxe "representativa de todo o municipio focego"

Publicada o

- Advertisement -

Francisco Javier Fanego será por aclamación o candidato do Bloque Nacionalista Galego (BNG) á alcaldía de Foz nas vindeiras eleccións municipais.

Nado en Foz no 1974, traballador de mantemento na factoría de Alcoa en San Cibrao, é o actual responsable local da organización en Foz e, segundo o partido frontista, “participa activamente na vida social da vila, en diversos colectivos”.

Fanego substitúe así a Lorena Seivane, cabeza da listaxe electoral nacionalista no 2015 e que foi a primeira muller candidata á alcaldía. Nos anteriores comicios, o BNG quitou dous edís

Para o candidato do BNG, é urxente “un cambio transformador” en Foz, que lle dea voz “á veciñanza e aos colectivos e parroquias. Queremos que o concello sexa para todos e traballaremos para gobernalo baixo as premisas da trasparencia, a eficacia e a honestidade”, explicou.

“ÚLTIMOS RETOQUES” DA LISTAXE

No tocante á candidatura, o BNG precisa que está a dar “os últimos retoques” á listaxe, que estará “rematada nos próximos días” e que integrará “persoas de todos os sectores sociais, laborais, culturais e deportivos. Será representativa de todo o municipio de Foz”, asegura.

CINCO CANDIDATOS ANUNCIADOS

Cinco formacións políticas anunciaron os seus candidatos á alcaldía de Foz. O PP celebrou un acto para dar a coñecer que Javier Castiñeira optará á reelección. Tamén repetirá como alcaldable, neste caso de Foz Plataforma de Futuro, Luis Alfonso Sixto

O PSOE optou por renovarse co liderado de Fran Cajoto, que presentará a súa listaxe o vindeiro domingo. Compromiso por Galicia (CxG), pola súa banda, presentou a Damián Sánchez como cabeza de listaxe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...