InicioPolíticaJavier Pardeiro, Yovana Oroza e Miguel Díaz, entre as novidades da lista...

Javier Pardeiro, Yovana Oroza e Miguel Díaz, entre as novidades da lista do PP de Burela

Carlos Saa, Marina López e Aitana Rodríguez son as outras incorporacións da candidatura dos conservadores burelaos

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular (PP) de Burela deu a coñecer a candidatura completa de cara ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, que liderará Manuel Rouco. Tras anunciar catro novidades e cinco candidatos que repiten, as restantes incorporacións son Yovana Oroza, Javier Pardeiro, Miguel Díaz, Carlos Saa, Marina López e Aitana Rodríguez.

Oroza, natural de Burela e enxeñeira de camiños, representa segundo Rouco “un deses novos grandes talentos da nosa vila por descubrir”.

No tocante a Pardeiro, é un home coñecido pola súa faceta de xogador de adestrador profesional de fútbol sala. Foi o técnico que gañou o primeiro título a nivel estatal da historia do Pescados Rubén Burela FSF, nunha tempada (2012-2013) na que o cadro feminino acadou Liga e Copa.

Díaz forma parte, explica Rouco, “dese relevo xeracional profesionalizado, e tan necesario, no noso sector pesqueiro”, indica Rouco que asegura que se trata “dun coñecido empresario de éxito no propio sector que, en colaboración co resto de axentes implicados, fortalecerá e mellorará o mesmo coas súas aportacións”.

Saa é “un xubilado moi coñecido no pobo que foi administrativo dunha das maiores empresas de construción de Burela e disposto sempre a aportar ideas co obxectivo mellorar a súa vila de adopción”, explica o candidato do PP.

Tamén forman parte da listaxe Marina López e Aitana Rodríguez. A primeira é auxiliar de enfermería, mentres que a segunda é unha estudante a piques de rematar o grao universitario en Economía.

“REMATAR COA PARÁLISE”

Rouco concreta así unha candidatura que pretende “sacar da parálise na que se atopa inmerso o concello de Burela e metelo de cheo no século XXI”, argumenta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...