InicioPolíticaO PSOE aspira a renovar goberno en Lourenzá liderado por Rocío López

O PSOE aspira a renovar goberno en Lourenzá liderado por Rocío López

Javier Huertas, presidente da Acial, e Sonia Gavino son as principais novidades da candidatura socialista

Publicada o

- Advertisement -

O PSdeG-PSOE de Lourenzá presentou este domingo a súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais, que encabezará a actual rexedora, Rocío López.

Participaron no acto o secretario xeral do PSOE na provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, o presidente da Deputación, Darío Campos, e o candidato ao Senado, César Mogo.

Integran a lista do PSOE para o Concello de Lourenzá Rocío López García, Javier Huertas Otero, Manuel Arango Ron, María Mercedes Dengra Sixto, Mario Leitón Ramallal, Sonia Gavino Reigosa, Manuel Castrillón Fernández, Guillermo Rilo Munin, Bernard Henri Denereaz Saillen, Natalia Minhoto Goás e Jose María Martínez Cienfuegos.

Os suplentes serán Vanesa Vallines Dasilva e Berta Oliveros Yanes.

“Cando chegamos ao goberno atopámonos un Concello sumido nunha crise económica moi grande, cun plan de axuste. Aínda así, dentro da nosa aposta polo rural, conseguimos mellorar as infraestruturas e prestacións públicas das parroquias como os alumeados, os accesos ou as estradas, que co PP estaban totalmente abandonadas”, argumentou López.

A candidata do PSOE de Lourenzá tamén remarcou as axudas económicas por parte da Deputación, “que permitiron, dentro da aposta conxunta dos gobernos municipal e provincial, a atención profesional a máis de 40 maiores co Servizo de Atención no Fogar (SAF) Básico e a Teleasistencia gratuíta, xerar ducias de novos empregos no Concello ou dinamizar a economía e a actividade na vila a través de actividades culturais e deportivas”.

HERBA ARTIFICIAL EN SANTA CRUZ, MATERIA PENDENTE

No tocante aos obxectivos que se fixa para a seguinte lexislatura, a alcaldable do PSOE laurentino fixa un. “Quedan moitas cousas por facer, como a construción do campo de herba artificial para Santa Cruz, unha das dotacións máis demandadas polos deportistas laurentinos”, precisou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...