Por Viveiro propón que o antigo centro comarcal sexa destinado a casa da cultura e da xuventude.
O candidato da formación independente, Bernardo Fraga, xunto con Ana Gómez, Jesús Romeo, Paula Insua e Dani Hermida, compareceron na mañá deste sábado fronte o edificio, en desuso.
Fraga declarou que “Viveiro necesita un centro cultural de referencia, onde se organicen todo tipo de actividades durante todo o ano, aberto á veciñanza e visitantes”.
“Este centro pode acoller dende exposicións permanentes ou temporais, debates ou conferencias. Así mesmo, a súa dimensión permite adicar parte do espazo a actividades dirixidas directamente á xuventude”, argumenta o alcaldable de Por Viveiro.
USO APROBADO POLO PLENO
Este uso para o edificio xa foi aprobado polo Pleno Municipal a instancias dos concelleiros non adscritos, pero “o goberno municipal socialista non non quen foi de poñelo en funcionamento durante o presente mandato”.
LOCAL DE ENSAIO PARA GRUPOS
Pola súa banda, Alba Sanjurjo, candidata de Compromiso por Galicia (CxG) á alcaldía de Viveiro, compromete impulsar desde o Concello a compra das naves situadas en Ramón Canosa para o axeitamento da contorna e a creación dun espazo cultural con salas de exposicións e locais de ensaio para grupos.
Trataríase “dun proxecto ao estilo do espazo madrileño Matadero, mais adaptado as necesidades de Viveiro. Non é un tema menor que estea á carón do recinto municipal usado polo festival Resurrection Fest, xa que con esta actuación tamén potenciamos ese mesmo recinto”, afirmou a alcaldable de CxG.