InicioPolíticaO alcalde de Monforte competirá con Campos por presidir a Deputación

O alcalde de Monforte competirá con Campos por presidir a Deputación

Xosé Tomé afirma que recibiu "ánimo de moitos compañeiros" para "abrir unha nova etapa" no goberno provincial

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde en funcións de Monforte de Lemos, José Tomé, anunciou a súa intención de presentar a súa candidatura na Xunta Electoral para saír elixido deputado e púxose a disposición do PSdeG-PSOE para presidir a Deputación de Lugo.

O rexedor monfortino, que obtivo unha ampla maioría nas pasadas eleccións municipais, preséntase como candidato para un posto para o que tamén se postulou o responsable do goberno provincial ao longo dos últimos catro anos, Darío Campos, alcalde da Pontenova.

Tomé afirma que “son moitos os compañeiros e compañeiras, alcaldes e alcaldesas, portavoces”, que o animaron a “abrir unha nova etapa na Deputación” para “axudar en sintonía co conxunto do partido estatal e autonómico a impulsar unha maioría de progreso en Galicia, que faga fronte ás políticas de recortes do PP”.

“ANOS CONVULSOS”

O rexedor monfortino cre necesario “abrir unha nova etapa” na administración provincial tras “anos convulsos“.

Na anterior lexislatura, as discrepancias entre o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, e Campos, remataron coa expulsión do partido socialista do primeiro, que continuou como deputado non adscrito e que, a través da sociedade do chan (Suplusa), chegou a diversos acordos cos populares, como o pacto para presentar contenciosos contra as residencias conveniadas entre Deputación e Concellos, finalmente desestimados.

Martínez non terá sitio na corporación provincial despois dos resultados insuficientes do seu partido recén fundado, Galicia Sempre.

PACTO OBRIGADO CO BNG

Deste xeito, preséntase sobre o papel unha lexislatura menos problemática para o PSdeG-PSOE, que de todas as maneiras gobernaría en minoría, con dez deputados de 25: precisará do BNG ben para saír adiante a investidura do presidente socialista ben para gobernar en coalición.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...