InicioPolíticaPSOE e Foro anuncian acordo para gobernar Tapia

PSOE e Foro anuncian acordo para gobernar Tapia

O pacto, a un ano das eleccións, permite por primeira vez no municipio un goberno socialista e liderado por unha muller

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE alcanzará por primeira vez a alcaldía de Tapia de Casariego tras formalizarse o acordo entre os socialistas e Foro para formar un novo goberno. Ana Vigón converterase na primeira muller en dirixir o executivo tapiego unha vez se formalice a investidura no pleno convocado para o vindeiro mércores.

O pacto anunciado hoxe cambia o signo político do goberno a un ano das vindeiras eleccións municipais, e introduce algunhas mudanzas en canto á organización das competencias por áreas. A alcaldesa –con adicación exclusiva– asumirá tamén -polo menos inicialmente- as competencias de facenda, administración local, persoal, desenvolvemento económico, servizos e dereitos sociais.

Guzmán Fernández –con adicación parcial- será tenente de alcalde e responsable de obras e urbanismo e agricultura e gandería. María José García asumirá medio ambiente e recursos naturais; Julio Villadonga, pesca y participación cidadá,  José Emilio Reiriz farase cargo de turismo e deportes, e Carmen Lopes, de cultura.

A investidura porá fin á situación de interinidade que creou a dimisión do popular Enrique Fernández, que gobernaba o concello co apoio do único edil de Foro Asturias na corporación, Guzmán Fernández -ata agora alcalde en funcións.

NEGOCIACIÓNS

A posibilidade de que o ex alcalde Enrique Fernández non esgotase a lexislatura planeou sobre o goberno municipal desde o momento da investidura, e cobrou máis forza desde decembro, coincidindo coa súa xubilación. Finalmente, a finais de maio, o veterán político -35 anos nas corporacións municipais tapiegas anunciou unha demisión que formalizou o pasado 6 de xuño.

Ese pleno marcou o inicio da conta atrás nas negociacións entre os grupos municipais, nas que a decisión de FAC tiña un valor chave. Os tres partidos con representación na corporación coincidiron neses primeiros intres en que a situación estaba “aberta”, pero a opción dun acordo entre agrupación socialista de Tapia e mais Foro gañou enteiros co paso dos días. O pasado martes, os socialistas anunciaban a constitución dunha comisión negociadora para concretar un acordo que se escenificou hoxe nunha comparecencia conxunta dos representantes dos dous grupos.

BASTIÓN SOCIALISTA

A chegada á alcaldía de Vigón reforza a condición de bastión socialista do Occidente de Asturias. Formalizada a investidura en Tapia, o PSOE gobernará en trece dos dezasete municipios da comarca Eo-Navia. O PP leva as rendas en San Tirso de Abres, Coaña e Villayón; a Agrupación Independiente por Santalla dirixe Santa Eulalia de Oscos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...