InicioPolíticaLlano considera "lóxica" a decisión do TSXG e pide que a data...

Llano considera “lóxica” a decisión do TSXG e pide que a data das eleccións “non favoreza a abstención”

O rexedor cre que, malia que a Lei electoral dá tres meses de prazo para repetir os comicios, "facelos en agosto" alteraría "a normalidade"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela en funcións, o socialista Alfredo Llano, asegurou que o goberno local seguirá a traballar á espera da convocatoria de novas eleccións municipais na mesa do Perdouro, despois de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ordenase repetir os comicios trala presentación dun recurso por parte de Burela Sempre.

O rexedor considerou a decisión do alto tribunal “normal e lóxica” porque “non deron aparecido eses votos nulos e non se pode contrastar que eses votos nulos o sexan ou favorezan a algunha formación”.

TRES MESES DE PRAZO

A Xunta Electoral Zonal de Mondoñedo concretará agora a xornada de repetición dos comicios locais, que debe ser dentro dun prazo de tres meses, ata o 28 de setembro. Na mesa hai 630 cidadáns censados.

Llano espera que a data “non favoreza a abstención. O mes de agosto sería un mes malo e temos que buscar unha garantía de normalidade, de que poida votar a maior cantidade de xente”, sostén.

O CONCELLO “NON VAI QUEDAR DESATENDIDO”

“O concello de Burela non vai quedar desatendido, imos levar a cabo a nosa folla de ruta cos proxectos que están en marcha e facer o que sexa urxente e necesario. Atenderemos á xente como haxa que atendela para que non se note no día a día esta sensación de provisionalidade“, asegurou o rexedor en funcións, que perdeu a maioría absoluta nos pasados comicios electorais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...